Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de diciembre de 2017

O RESTAURANTE DE YAYO DAPORTA ENTRE OS 10 MELLORES PARA "EL TENEDOR"









Os restaurantes máis destacados en 2017 nos comentarios e as valoracións dos clientes desta plataforma de reservas

Os últimos días do ano sempre son unha boa ocasión para facer balance en todos os terreos da actualidade e do lecer. Por exemplo, na gastronomía. A empresa El Tenedor, moi popular entre os que buscan descontos para cear a prezo máis comedido en bos restaurantes, fixo pública a lista dos restaurantes preferidos polos seus usuarios. Aqueles que destacaron pola súa gastronomía, a súa decoración, o seu servizo… e que marcaron tendencia este 2017. El Tenedor, unha marca que pertence a TripAdvisor, agrupa a máis de 40.000 restaurantes, con 15 millóns de visitas ao mes. Estes son os 10 principais do ano:

1. Vinoteca - Hotel Abadía Retuerta Le Domaine (Sardón de Duero, Valladolid). 
2. Aponiente (El Puerto de Santa María). 
3. Azurmendi (Larrabetzu, Vizcaya). 
4. Arrayán (Madrid). 
5. Cepa 21 (Castrillo de Duero, Valladolid). 
6.El Portal de Echaurren (Ezcaray, La Rioja). 
7. El Rincón de la Posada (Navafría, Segovia). 
8. Ca n’Ignasin (Inca, Mallorca). 
9. Cenador de Amós by Jesús Sánchez (Villaverde De Pontones, Cantabria). 
10. Yayo Daporta (Cambados)

Outro restaurante galego que aparece e no posto 12 da lista é o Arrayal 39 de Tui.

Lista Completa






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.