Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de diciembre de 2017

MÁXIMA PRECAUCIÓN ANTE O TEMPORAL QUE ENTRARÁ MAÑÁN








Precaución ante o primeiro temporal que afectará á nosa comunidade a partir de mañá, por vento e choiva, lembra as recomendacións a seguir.
Recorda a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos.   
Se dispón dunha embarcación, procure revisar o amarre antes da chegada do temporal. Evite o baño nas praias así como realizar prácticas deportivas e náuticas. Permaneza lonxe da costa: praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar. 
Tamén é importante seguir medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco.
Algúns Concellos cerrarán parques e zonas de ocio onde as árbores e outros elementos poidan producir danos por caídas ou desprendementos. Tamén pódese prohibir as actividades deportivas ao aire libre.
Ademais pódese consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.