Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de diciembre de 2017

GOBERNO DA DEPUTACIÓN ADXUDICA A NOVA CUBERTA DA PISCINA DE CAMBADOS










A Xunta de Goberno da Deputación adxudica o novo complexo deportivo de Cambados

Carmela Silva asegura que "co novo proxecto cumprimos a legalidade para que Cambados poida prestar uns servizos públicos de calidade"
A Xunta de Goberno do Goberno de Carmela Silva vén de adxudicar definitivamente as obras do novo edificio do complexo deportivo do Pombal, en Cambados, á UTE Prace Servizos e Obras S.A. Copsesa. Deste xeito, a vila do Salnés contará, nun prazo de 11 meses, cunha das maiores reclamacións que viña facendo a cidadanía de Cambados nestes últimos anos. A empresa presentou unha oferta por 846.744,99 euros, unha rebaixa sobre o prezo que figuraba no concurso pública da substitución da envolvente e diversas melloras no seu interior.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que "non poderiamos rematar o ano dunha mellor maneira que con esta boísima noticia para as veciñas e veciños de Cambados" xa que, lembrou, "despois de que os anteriores gobernos tanto da institución provincial como do concello fixeran un proxecto que non cumpría nin os mínimos criterios sanitarios nin tampouco os ambientais, agora por fin esta vila contará cunhas instalacións que estarán á altura e dentro do marco da legalidade".
Carmela Silva sinalou que "hoxe por fin damos o último paso do procedemento administrativo para que este proxecto sexa unha realidade e deixamos de condenar a Cambados a contar cunhas instalacións impropias" que, lembrou, "se fixeron ás présas e correndo, con fins electoralistas". "O actual Goberno da Deputación de Pontevedra levamos máis de dous anos facendo fronte ás chapuzas que nos deixou o anterior", afirmou a Presidenta, "pero tamén levamos máis de dous anos amosando que cando as cousas se fan dunha maneira rigorosa saen adiante, cumprindo a legalidade, os prazos previstos e, o máis importante, cumprindo os compromisos coa cidadanía para poder prestar uns servizos públicos de calidade".
Deste xeito, en canto rematen as obras de mellora e de reforma do complexo deportivo do Pombal, Cambados contará cunhas instalacións que corrixen as deficiencias do anterior edificio e que incluirán a substitución da cuberta do complexo (por mor da deficiencia en transmitancia térmica que presenta na actualidade) e a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O novo edificio integrarase no espazo urbano lindeiro, reducindo o impacto ambiental; mellorarase o seu confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para así mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico.
Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalacións para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, a mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces e con sistemas de control e integración de luz natural e a mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de  quecemento da auga da piscina.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.