Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2017

A XUNTA AVANZA O INICIO DA INFORMACIÓN PÚBLICA DAS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-549, ENTRE OS CONCELLOS DE VILANOVA DE AROUSA E CAMBADOS










Esta estrada de titularidade autonómica foi motivo de discusión hai meses porque a Xunta obrigaba a repayar un treito ao Concello de Cambados cando tiña que ser a propia Xunta que debía facer as reparacións como así foi finalmente.


O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, avanzou hoxe o inicio da información pública do proxecto para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-549, no seu treito entre os concellos de Vilanova de Arousa e Cambados. Na visita que hoxe realizou á zona da actuación, o director da Axencia de Infraestruturas salientou que o Diario Oficial de Galicia publicará mañá o inicio da fase de alegacións, que rematará o vindeiro 8 de febreiro.
Trátase dunha actuación que transcorre entre os puntos quilométricos 8+000, situado ao final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e o 9+800, na intersección coa VG-4.3 en Cambados. O proxecto que mañá se someterá a información pública define actuacións puntuais para mellorar a seguridade viaria nesta estrada, na lonxitude identificada como un treito de concentración de accidentes, e onde que se pretende reducir de forma significativa a sinistralidade.
Na visita de hoxe a Cambados, Francisco Menéndez explicou que as principais actuacións realizaranse nas interseccións mais relevantes do tramo e consistirán na execución de cuñas de cambio de velocidade, para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada; a construción de semiglorietas para cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda; e a construción dunha nova glorieta na intersección do Pq 9+020 coas estradas EP-9004 e EP-9005, en Corvillón.
Así mesmo, Francisco Menéndez destacou que se levará a cabo a mellora da contorna da glorieta existente no punto quilométrico 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos a ela; e tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de bus, con medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións, e a execución de orellas nas beirarrúas, entre outras. Por último, revisarase a sinalización horizontal e vertical, e tamén o balizamento.
Este proxecto enmárcase nun plan presentado recentemente pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda para actuar entre 2018 e 2020 en todos os treitos de concentración de accidentes identificados en estradas autonómicas, un obxectivo ao que prevé destinar 12,3 millóns de euros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.