Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de diciembre de 2017

A XUNTA AVANZA CON ENGANOS NA LICITACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE MAIORES DE CAMBADOS










A Xunta de Galicia engana aos cambadeses ao licitar a xestión agora algo que non será posible ata despois do 15 de xaneiro que será cando se publique no DOG aparentando que cumpre a súa promesa de facelo antes de final de ano.


A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, anuncia a licitación da xestión dos centros de maiores de Cambados, Redondela e Cuntis, todos eles, na provincia de Pontevedra, que se realizará en virtude dos respectivos convenios de colaboración entre os concellos e o ente público.
Eses convenios axústanse aos termos establecidos no Acordo Marco entre Política Social e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o co-financiamento de centros de día do Consorcio, do que dependen os tres centros, que están integrados na rede para a atención aos maiores da administración autonómica.
O anuncio da licitación dos centros de Cambados, Redondela e Cuntis -que se fixo conxuntamente por razóns de economía administrativa- xa está publicado na páxina web do Consorcio, xa foi enviado ao Boletín Oficial do Estado (BOE) e ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), e será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o próximo 15 de xaneiro.
O centro de día de Cambados da deste xeito o seu último paso para a súa entrada en funcionamento nos primeiros meses do ano que ven, dando cumprimento ao compromiso adquirido polo Goberno galego de licitar a xestión antes de que remate 2017, pero que non será así ata que se publique no DOG. Ademais, a instalación do equipamento e amoblamento dese centro, que finalmente custará 67.221,62 euros (IVE incluído), o que supón unha baixa sobre a previsión inicial, tanto para o Consorcio, como para o Concello, está a día de hoxe case rematada, únicamente pendente de remates finais.
O centro de día de Cambados iniciará a súa actividade con 20 prazas, malia que o concurso xa contemplaba que, en función da demanda, o número de prazas poida ampliarse cando sexa necesario ata 40, que é a súa capacidade máxima.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.