Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2017

PROSIGUE O BOICOT NA LONXA DE CAMBADOS








Esta mañán os compradores da lonxa de Cambados continuaron co seu boicot, que iniciaran na tarde de onte como protesta contra o despido de tres traballadores da lonxa.

Ás 7.30 horas da mañá abreu como cada mañán a lonxa, e a pesares de acudir compradores so 3 ou 4 realixaron poxas polo peixe que chegara a nave. Cando estes poxaban os contrarios á decisión xudicial protestaban en forma de aplausos e pitos
Non había demasiada mercadoría, posto que a maioría dos barcos marcháronse a O Grove ou Ribeira a vender as súa pesca, xa foron avisados por teléfono de que en Cambados a xente non ía comprar. 
Os compradores que apoian o boicot pretenden amosar o seu apoio aos tres traballadores que foron despedidos pola Confraría . O depósito fixo pública onte unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na que considera "proporcionado" o despedimento, e que os traballadores vulneraron a "boa fe contractual".

Esta tarde prevéese unha nova poxa, tanto de marisco como de peixe e tamén que siga o boicot.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.