Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de octubre de 2017

A CONFRARÍA TAMÉN GANA O PLEITO AO EX-VIXIANTE DESPEDIDO










Terceira sentenza a favor da Confraría San Antonio de Cambados. Tralas sentenzas polo barco Tragove e a dos vendedores da Lonxa agora hai que sumar a sentenza a favor no caso do despedimento dun vixiante.

O TSXG fallou a favor da Confraría polo despido dun vixiante. 
Os tribunais de instancia xa consideraran o cesamento como procedente, pero o afectado recorreu. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, desestima o seu recurso. Os maxistrados alegan, que o operario mostrou "unha resistencia decidida e persistente ao cumprimento das ordes do empresario (Confraría) ou os seus representantes". Os maxistrados consideran probado que o home se negou a saír ao mar varios días, e que outros non cumpleu cos horarios regresou a terra antes de tempo.

O TSXG mantivo cualificación dos feitos que realizou a confraría como "falta moi grave e debe manterse ao existir en este caso proporcionalidade entre os feitos cometidos e a sanción imposta". Sobre isto, a resolución apunta que "a orde recibida (da Confraría ao ex-vixiante) non pode cualificarse de atentatorio á dignidade da persoa, nin de perigoso, arbitrario, abusivo de dereito ou ilegal, pois o actor recibira a roupa e demais elementos de seguridade precisos para o desenvolvemento do seu traballo, do mesmo xeito que o resto de vixiantes, sen que ningún outro traballador puxese obxección algunha ás condicións".








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.