TELÉFONOS DE INTERESE

31 de octubre de 2017

POSICIONAMENTO DO B.N.G. RESPECTO A RUPTURA DO CUATRIPARTITO






Foto de Bng Cambados.




O BNG de Cambados vén de ter coñecemento, polos medios de comunicación que Cambados Pode anuncia a ruptura do Acordo de Goberno caso de que non se acepte un ultimatun que plantexan.
O BNG considera unha falta de respecto enteirarse pola prensa de algo que afecta ao goberno de coalición que tanto custou crear, e que abreu unha nova etapa no noso concello depois de décadas de gobernos do Partido Popular.
Un goberno plural, como é o de Cambados, é difícil de xestionar, pois somos catro forzas políticas distintas; e tivemos as catro que facer renuncia temporal de aspectos dos nosos propios programas para construír un porxecto común, que permitira recuperar Cambados para os veciños e veciñas e rematar co desgoberno, o enchufismo e o sectarismo que existían no noso concello.
Conscientes desa complicación, fomos quen introducimos no Acordo de Goberno unha comisión de seguimento do mesmo, algo que tivo reticencias por parte dos outros tres grupos políticos. Foi o BNG tamén o que solicitou que esa comisión de seguemento se reunira, algo ao que se negaron as outras tres forzas até que as circunstancias obrigaron a manter unha reunión, para tentar solventar problemas existentes de funcionamento e de usurpación de funcións.
O BNG seguiu propoñendo aos outros grupos a necesidade de coordenarnos e de manter un respecto polas áreas de goberno de cada quen e unha lealdade para cos compañeiros e compañeiras de goberno.

Desgraciadamente, as veces semella que hai máis interese en saír na foto e en aproveitar de xeito partidista o labor de goberno, que en traballar conxuntamente nun proxecto que os cambadeses e cambadesas decidiron que fora plural.
O BNG diante da delicada situación na que se atopa desde hoxe un goberno no que estamos comprometidos desde o primeiro día, quere deixar claro aos cambadeses e cambadesas que non vai aceptar espectáculos nin pelexas de galos.
Entendemos que os nosos veciños e veciñas valoran positivamente o labor do goberno, pero tamén levamos tempo advertindo de que precisamos reflexionar os catro grupos políticos ao respecto das deficiencias de funcionamento e de como debemos facer para solventarlas polo ben de Cambados.
O BNG vén de solicitar aos outros tres grupos políticos que reunamos con urxencia a comisión de seguemento do Acordo de Goberno, pois debe ser aí onde expoñamos as discrepancias que poidamos ter, e onde busquemos as solucións.
O BNG está no goberno de Cambados para traballar polos veciños e veciñas, e entendemos que o levamos demostrado. O BNG ten toda a disposición para manter o pacto de goberno, pero non imos aceptar nin ultimátuns nin actuacións personalistas, que poñan en perigo un proxecto que ilusionou e segue ilusionando á maioría dos cambadeses e cambadesas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.