Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de octubre de 2017

PIRATAS DO CARIBE: O COFRE DO HOME MORTO (II)











O combate naval presenciado no pasado Pleno aínda non rematou, lonxe de rematalas hostilidades van “in crescendo”. As balas de canón surcan o aire e os bucaneros e a Marina Real se dan estopa sen parar. No medio estamos os “feisbuqueros” que asistimos ao espectáculo boquiabertos porén non pensabamos que este día chegaría tan cedo, asemade xa relatei na derradeira entrega que o Almirante dos Océanos Alfonso Rueda quere “sangue” en sentido metafórico e tomala Deputación de Pontevedra por asalto en 2019, e leva dous anos movendo as pezas con precisión case milimétrica. Lalín saíu mal pero Tui está ao caer, o Carlos Vázquez éste que apoiou a PSOE e BNG amotinouse coa axuda do PP e quere collelo timón. Xa avisara, “eu te voto se tí me votas a min (a semántica) e se me deixas ser alcalde un ano e medio”. Coma a resposta foi nones, o barco perante un tempo seguíu o ronsel dos ventos pero a Santa Bárbara tomouna e dixo ata aquí chegastes, vós sodes moi malos piratas, para mariñeiros nós … 



Eche o que hai, onde Rueda pon o ollo pon a bala, e xa o tentou en Cambados fai pouco tempo, algún dia contaréivolo conto. As novas van polo aire e un sabe cando hai un peixe que está fresco ou cando ten varios días se lle miras ben aos ollos. A verdade é que non me estranan para nada esta clase de cousas, en realidade o PP leva toda a vida facendo o mesmo, e agora que Louzán está de Asesor e Rueda de Almirante pois marajota non, marajota e media. En Cambados sorprendeume por certo a actitude pasiva que adoptou J.R Abal namentras Luis dicía que a vila está que da noxo polo tema da limpeza cando é o máximo responsable de tal cometido, se tiña en mente dicir algo ao respecto calou. Coma dixo o Alcalde de Santiago Martiño Noriega “eu son dono dos meus silenzos” porén de escravo das miñas palabras non dixo nada e José Ramón aínda menos, sobre todo co que se aveciña e do que falaremos en breve, A Alternativa de Cambados ou que é o mesmo , “A Alternativa do PP” (Sergio Abal). 


Lembrades ese refrán que di “outro virá que bo me fará?. Unha mágoa pero está a pasar. Este cuatripartito podía estar a facer cousas moi boas e levan tempo que van de erro en erro e facendo as cousas que antes criticaban. Unha peniña, e Luis te pode caer millor ou pior porén hai cousas que reflicte nas que leva razón. Antes (e me inclúo) pediámoslle explicacións polo tema das horas extras aos empregados municipais saltándose a normativa vixente, e éstes máis do mesmo. Antes falabamos de que non se entregaba a documentación en tempo e forma, e éstes máis do mesmo, antes diciamos tédelas parroquias abandonadas, e éstes máis do mesmo, etc. O dixo Bea Costa nun excelente artigo na Voz, entre o derradeiro Pleno e un de fai tres anos pouca diferencia hai, cambiaron os asentos porén as teimas e os reproches seguen sendo os mesmos: 


En definitiva compre recoñecer que Aragunde é un político “experimentado” e éstes son uns inexpertos, agás Víctor Caamaño ao que lle ten verdadeiro pavor ,por certo, só hai que lembrar o debate televisado nas locais coma deixou as lagoas de Aragunde ao descuberto. En fin, vamos ao rollo.

Xestión de Personal.-

É trending topic a publicación en aberto do que é un proceso para cubrila praza de Primeiro Oficial de Policía e que ante o estupor da Alcaldesa e máis amplo víu a luz antes da súa publicación oficial no BOP no día de hoxe. Ese documento xa estaba nas mans da oposición por un “Poltergeist” que hai no Concello e permitiulle a Luis coller a Alcaldesa a paso cambiado e lle soltar que a praza podía estar amañada e que todo o mundo sabe quen é pode ser o destinatario da mesma. Eso, de acontecer de tal xeito non fai falla lle lembrar ao noso Ex Alcalde que é un delito, porén xa estamos acostumados aos infundios do noso Deputado Provincial. O tal suxeito polo que parece tamén fai de chófer e gardaespaldas da Alcaldesa segundo Aragunde e ten unha amizade manifesta coa mesma. Esta personaxe desde que chegou de Nigrán para cubrila vacante que deixou Maximino Cid Ferro non ten boa prensa nen por parte da oposición nen dalgún perfil falso co que intercambiei unhas palabras fai relativamente pouco tempo. Sei que non gosta a nosa rexedora dos perfís falsos pero gosten ou non van a estar aí sempre e polo tanto hai que irse acostumando a que esta xeira de novas se convirtan de cando en vez en “virais”. Fátima Abal tildou o Alcalde de machista, desmentíu o apuntado, e conminou a calquera que teña proba algunha de estaren ante un ilícito penal acudir ao Xulgado, cousa que non vai pasar, volo adianto. É unha mostra máis do que para o PP representa facer política, soltar maledicencias, tentar laminar a honorabilidade das personas, e coma fin último ter o galiñeiro alborotado, churras, churras, churras, que jalo é …



Os liberados e as horas extras.-

Luis Aragunde voltou ao inicio da lexislatura en nun flasback levounos a tempos pretéritos cando dixo “este Goberno cústalle máis aos veciños que o meu”. Hai que telos ben postos … coa humildade esa que leva (que é súa) e que adeprendeu da Arxentina dixo que Antonio Iglesias e Él levaban os únicos soldos coma políticos, e éstes son catro políticos e levan catro soldos. A Alcaldesa Fátima Abal que vai collendo tablas sorríu e mirou para él coma pensando, pero tí que nos estás a contar: “Erades catro, ou que facían alí Mané Galiñanes e Benito Leiro, traballaban de balde” ¿ “Eses non eran políticos”, respostou Luis (non mailo pouco, vaia si eran e cobraban sen que nengún veciño os votara e sen pasar por un proceso selectivo), nada que ver cos que agora estamos que tivemos que pasala criba dun proceso eleitoral. Colocástelos porque eran os teus amigos”. No seu día dixera (o lembro porque estaba presente) que sacara a dous veciños do PARO e o xoves rectificou e dixo que un deles xa estaba … Eso llo podes dicir a un neno na porta dun colexio cun caramelo na man e ao millor (que penso que non ) te cren porén os veciños vai a ser que non. Este goberno cústallle aos Cambadeses dez mil euros menos do que gastabades vós, e nin mentar como eran os procesos de selección do personal e onde a xente tiña que petala porta para poder traballar no Concello. Luis un pouco de tino, que xa non somos novos para que nos andes a contar historietas. O das horas extras certo que era unha práctica que se criticou con dureza e que éstes tamén fan PERO o que levaban antes os dous amigos teus, agora polo menos se reparte entre tódolos traballadores, operarios e policías; hai unha distancia sideral co que facías tí e que te levou a convertilo Concello no teu cortijo onde facías e desfacías segundo te conviña, así che foi: 



Unha nova estrela na Galaxia Aragunde.-

A sesión continuaba e chegamos ao “clímax” da mesma e que amosou o nervosismo entre as filas populares cando Antonio Iglesias interrumpíu a sesión e incorporándose do asento dixo “Yo protesto, aquí se están hablando de temas que no están en este segundo punto”. Eu a verdade é a primeira vez que o escoitei de viva voz nun Pleno a Iglesias e estaba fóra de sí cando tódolos veciños o tiñamos coma un home tranquilo. Novamente Fátima Abal tivo que intervir, para que digan que non modera os debates, nin manda, nin tal, e lle lembrou a D. Antonio que había que pedila palabra, primeira chamada á orde; pois él seguíu e desde a acera de enfronte vós tamén falastes disto e daquilo, “jerra”, coma dicimos en Cambados. Seguíu nos seus trece e sinalando co dedo
a Alcaldesa (eso é de mala educación Sr. Iglesias) dixo que eran uns “conmenensias”, que falaban segundo lles iba de ben ou non na feira, segunda chamada á orde da Alcaldesa (a terceira para os que non esteades versados nestos temas e a inmediata expulsión do Pleno). Reculou, sentou, e Fátima con moita educación pero eso sí con firmeza díxolle: “pida a palabra e doulla coma a calquera por orde de intervención” e así foi. Éstes eran os que dicían que a Alcaldesa non respetaba o réxime das sesións, con abandono do Pleno e todo (algo que por certo é democrático). Esto amosa que todos temos un mal día e que calquera se pode equivocar nun momento dado. No fervor do debate político poden acontecer estas cousas, o que se lle rogaría ao PP é que no futuro seña máis “condescendente” tamén cos actos dos demáis porque aproveitan calquera nimiedade para facer dela unha Cuestión de Estado.

E como para este tipo de cuestións xa estamos cansos (léase Cataluña) despídome ata o novo capítulo; espero polo menos que perante dez minutos vos distraera un pouco, a miña intención non vai máis aló de entretener, e o digo polos mal pensados que coma en tódalas vilas, habelos hailos.

Fin da segunda parte.-


Apertas.


Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.