Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2017

O FÚTBOL BASE GALEGO SEN VIOLENCIA VERBAL














Os insultos poderán supor a suspensión dos partidos de fútbol 8
O Comité de Fútbol Base da RFGF desenvolveu un protocolo de actuación fronte a estas agresións que xa está en vigor

A Real Federación Galega de Fútbol e, en concreto, o seu Comité de Fútbol Base, viñan observando con preocupación como os insultos aos rivais e árbitros non só se rexistraban no ámbito profesional e afeccionado, senón que a violencia verbal comezaba a instalarse nas categorías inferiores.


Diante desta lamentable realidade, e co obxectivo de erradicar as manifestacións violentas dos nosos campos, o Comité de Fútbol Base da RFGF decidiu comezar a aplicar un protocolo de actuación nos partidos de fútbol 8 no que se contempla a posibilidade de suspender os encontros ante a reiteración de insultos.

Neste documento, que podedes consultar íntegro na Circular nº 10 2017-18, establécese que constituirán violencia verbal "o insulto, a ameaza grave e as manifestacións racistas, xenófobas, sexistas ou intolerantes proferidas de forma continuada ou reiterada".

Neste escenario, o protocolo contempla tres medidas progresivas:

1ª MEDIDA
O árbitro comunica a produción de violencia verbal ao delegado de campo para que este advirta de forma directa ou por megafonía ao autor ou autores de que deben depoñer a súa actitude.

2ª MEDIDA
De persistir a violencia a pesar das advertencias, o árbitro terá a facultade de suspender temporalmente o encontro para que o autor ou autores dos insultos sexan expulsados.

3ª MEDIDA
O encontro prosigue coa advertencia expresa ao público por parte do delegado, directamente ou por megafonía, da posibilidade de acordar a suspensión definitiva. Se non cesan os incidentes, e tras consultar co delegado de campo, os delegados de ambos equipos e as forzas de seguridade, o colexiado pode suspender definitivamente o partido.

Coa aplicación deste protocolo, a RFGF quere eliminar a violencia verbal das bancadas e contribuír a que as ameazas e os insultos se convirtan en berros de ánimo e alento para os xogadores e xogadoras máis xóvenes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.