A sabendas de que aínda non falei nos artigos adicados ao goberno de J.R Abal (algo que nos prósimos días será unha realidade) compre facer repaso a estos xa máis de dous anos de labor de oposición do que foi partido a cargo do goberno na nosa vila, o Partido Popular, encabezado polo seu Portavoz e Deputado Provincial D. Luis Aragunde. Aqueles que seguímola actualidade da nosa vila a traveso da prensa escrita e das Redes Sociais, porén con sinceridade nos preocupa a nosa vila e todo o que nela acontece, no que atingue ao mundo da política todo pivota ao redor do noso ex-Alcalde, e para mostra un botón na súa autobiografía de FB:
"Que hablen bien o mal, lo importante es que hablen de mí, aunque confieso que me gusta que hablen mal porque eso significa que las cosas me van muy bien".
De los mediocres no habla nadie y cuando lo hacen solo dicen maravillas”.
De los mediocres no habla nadie y cuando lo hacen solo dicen maravillas”.
(Luis Aragunde)
Contan que unha vez pasou a Aduana en EE.UU Dalí (que coma Luis reflicte foi o autor da cita anterior e que toma prestada) preguntáronlle se tiña algo que declarar e dixo que sí, que era un xenio … tanto coma eso Luis non sei si será porén unha figura no mundo da política local sí que o é, “y lo sabes”.
Moita xente por certo preguntoume estos dous derradeiros anos si era simpatizante do Partido Popular con algo de sorna porén non é a primeira vez nin vai a sela última en que cando haia algunha cuestión na que Luis ou o PP local teñan razón desde a miña modesta opinión non son naide para lla quitar e dareilla, e tanto me ten coma se poñan algúns. Se un quere ter credibilidade hai que principiar por contala verdade e falar de todos sen lle faltar o respeto a naide, ollo, algo que se está a converter nunha marca de fábrica por desgraza no mal chamado ciberespacio; está visto que o odio se transmite polo aire, e está na man de cada un collelo e deixarse levar por él no uso da crítica ou ben dicilas cousas sendo directos pero constructivos, aportando ideas e alternativas porén dexobarse na lama non é o millor xeito de limparse.
Luis Aragunde xa ten 46 anos e unha bagaxe política onde pasou á Historia da Democracia en Cambados por selo Alcalde máis novo en ostentar tal condición ata a chegada de Fátima Abal, que bateu ese rexistro. Fumos compañeiros de Instituto e sempre foi unha persona curiosa e amante da arte (ambolos dous compartimos paixón pola música) somentes por desgraza a política, quen si non, distanciounos ou simplemente a vida levounos por camiños distintos. Para min non foi unha sorpresa que collera a vara de Alcalde, ollei o antes e o despois. Coma Xerente da Lonxa fixo e traballou arreo adicándolle horas e horas e fixo moitas amistades que aínda conserva, fai pouco boteille algunha Filípica a algúns radicais de esquerdas que non entendían o predicamento que tiña Luis para moita xente, un don que por certo todavía conserva.
Entón me preguntaredes que foi para que ese home cabal e traballador, sensible, e amigo dos seus amigos se convertera da noite para a mañá nun boneco de trapo. Pois a resposta é doada, o poder. Sí, o uso do poder corrompe e non estou dicindo que Luis seña un corrupto, todo o contrario, non creo que seña deses. Refírome a definición que fala de algo que se bota a perder, se deixa levar, malease. Os dous derradeiros anos con él ao fronte do goberno xa deu mostras de que aquela frase de Dióxenes de que compre levar a alguén cun farol detrás que te repita no oído lembra que eres mortal, é tal cual. Luis coma o Titán Prometeo quixo estar a altura dos Deuses e por iso os veciños o botaron do Olimpo, e segue a se comportar coma tal. Ter que ler que “o da Cuberta da Piscina Municipal o solucionaba eu nun mes , o Centro de Día en tres meses, a Cidade Europea do Viño concedida a Cambados en 2017 foi o 95 % grazas a min (…) tiña unha Praza de Abastos xa deseñada que ía ser un referente de modernidade e tal” e podía continuar, porén un pouco de pudor provoca … Pero este home sabe o realmente o que dí, a min con sinceridade lémbrame aos capataces éses que lle din ao traballador “o que ti fas o remato eu antonte” ,ou “tiñas que pagarme tí a min, non eu a ti” …onde está a humildade Luis, onde quedou. Está ben que un defenda o traballo realizado porén non se pode empregar unha perspectiva de altura semellante porque a xente non é parva. A Cuberta da Piscina foi unha desfeita, firmou un convenio con Louzán de presa sen ter en conta os defectos estructurais que levaba, só pola teima e a presa en inaugurar e veña fotito para o cartazo eleitoral. Carmela Silva estivo onte por Cambados e non se mordeu a língua, desgranou punto por punto o que foi segundo ela un despropósito e polo momento que eu saiba ainda non hai resposta do noso Deputado Provincial.
O Centro de Día é de vergonza que non estea aberto en funcionamento, que diga Aragunde que é por mor de que o cuatripartito tardou en enviar un papel seis meses é polo menos paradóxico, con x (ou - j en Castelán) non con g coma escribe algún Blog de dereitas que é disque o faro de Occidente no mundo das Letras. Por certo, estiven con Tino Cordal nunha charla moi interesante sobre a enfermidade do Alzheimer e non lle preguntei a veracidade deste extremo, pero francamente non o creo, senon estariamos ante unha demencia política, un goberno que se suicida a sí mesmo, é difícil de crer, agás como di Aragunde non saiban xestionar. Modelo de xestión era o que había antes e non o que hai agora segundo o que reflicte na prensa escrita D.Luis … pois haberá que escoitalo este xoves 28 de setembro ás 9 da noite no Pleno por antonomasia, no que se aproba mal e tarde segundo Aragunde os Presupostos Municipais. Botei unha ollada aos mesmos e me chama a atención que no capítulo de inversións haia somentes 7.000 euros, e agora se quere o Concelleiro de Contas que me corrixa, porque son consciente que ten o seu propio servizo de contraespionaxe que estuda caso por caso o que os profanos escribimos en Internet. Pode ser un excesivo “celo” no seu traballo ou un xeito de estar ao día do que pensamos os veciños, tanto unha cousa coma a outra me parece ben namentras non seña obstáculo para que faga o seu traballo con profesionalidade, algo polo que vela a Alcaldesa e non recibín queixa algunha, por certo.
En todo caso albíscase unha rifa das boas entre Luis e o noso Concelleiro de Economía mañá, cando un defenderá os seus postulados e alí estaremos para tomar boa nota, porén con franqueza un na Prensa pode decir A ou Z pero á hora da verdade “obras son amores y no buenas razones”. Obras é o segundo mantra que emprega a dereita, e en troques do primeiro, “mala xestión”, neste caso é “obra ninguna” fixeron. El deixou un legado difícil de superar, non digo que non, pero coma Cristiano Ronaldo onte despois do partido co Dortmund a crítica cara él cada vez é máis e máis grande, fálase de Aragunde en toda a Arousa, i voltamos ao comezo eso é bó coma él mesmo di, dos mediocres só se fan alabanzas. As leis do goberno Montoro reflicten que todo o superávit debe ir encamiñado a reducila débeda, e aquí, ainda que noutros sitios estean pior (caso de Vilanova) a min o que me doe é a miña vila. Chegado este punto e non me quero alongar moito máis porque os que de verdade teñen que falar claro son goberno e oposición no Pleno e para que algún Blog de dereitas e pensamento liberal me tilde de empregar términos macroeconómicos e que a xente que lea non entenda nada, algo no que pode teñan razón, é tan sinxelo como explicar “que os fillos non temos por qué pagalos pufos dos pais”, e aquí se gastou unha enchenta de cartos que agora temos que pagar todos por mor dun Plan de Axuste que outros Concellos coma Vilagarcía xa deixaron atrás …
E por último, o terceiro dos mantras aparte de que” non saben xestionar” e “non fixeron ninguna obra” é a falta de limpeza na vila, que Cambados nunca estivo tan abandonado, que están pouco coidados os xardíns, os espazos de uso e desfrute público, parroquias, rúas, a basura non se recolle como debera, os contenedores non se limpan, o tráfico está mal regulado, non hai semáforos dabondo, e polo que parece eso é competencia de J.R Abal que tildou a Luis de ser un “vago político” e que levantou unha tormenta porque hai xente que se alporiza máis porque lle chamen isto que por calquera outra cousa. Pois do que eu podo comprobar( na miña opinión) consonte o primeiro sí é certo que a vila non está para botar cohetes no que se refire a limpeza, é difícil camiñar sen levar pegada merda de can nos pes, disque da moita sorte, en León por exemplo te soltan “moita merda” e non é por mal, ao contrario, pero eu boto de cando en vez unha Bonoloto desas e de sorte me parece a min que a Montoro sempre lle toca e se algunha vez nos toca algún de nós e porque a máquina equivocouse …. e do segundo si Aragunde é un vago político pois non sei onde está cada momento, e en todo caso é problema del de ser certo ou no seu defecto dos seus votantes.
“Chove en Cambados, meu doce amor”
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.