Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de septiembre de 2017

DUAS NOVAS OBRAS SAEN A LICITACIÓN












Proxéctase o asfaltado do Camiño da Veiga en Corbillón e a Rehabilitación da pavimentación en Fonte do Couto en Castrelo. O prezo de licitación das obras é de 24.222,73 euros e o prazo previsto de execución das mesmas é de 1 meses

O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, o anuncio de licitación de Dotación de infraestruturas no T.M. de Cambados en Veiga, Corbillón e en Fonte do Couto, Castrelo. Con esta publicación deste anuncio de licitación pretendese reducir os custes das obras a realizar nas mesmas e primar a igualdade de oportunidades e a competencia entre os licitadores, sendo estas subvencionadas ao 100% con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 16 de outubro de 2017 (Luns) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.
O prezo de licitación das obras é de 24.222,73 euros e o prazo previsto de execución das mesmas é de 1 mes, en canto o proceso de selección das ofertas, o único criterio que se vai utilizar na selección das ofertas será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.
Obras a realizar
Na parroquia de Castrelo en Fonte do Couto vaise preparar o camiño actual para o seu reasfaltado e asfaltar un total de 390 m2, así como levantar as 8 tapas de sumidoiros existentes. Na parroquia de Corbillón vanse realizar as mesmas tarefas sobre unha superficie menor de 170 m2 e vanse levantar 3 tapas dos sumidoiros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.