Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de septiembre de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS PON EN MARCHA UN SERVIZO GRATUÍTO PARA COMERCIOS E EMPRESAS DE RECOLLIDA DE CARTÓN PORTA A PORTA









A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Cambados, xestionada pola concelleira María Xosé Cacabelos, pon en marcha  en colaboración coa nova empresa da recollida do lixo, un servizo gratuíto para comercios e empresas de recollida de cartón porta a porta.
Trátase dun servizo  ao que poden optar empresas, industrias e comercios (bares, cafeterías, estancos, farmacias, imprentas librerías, moblerías, peluquerías, etc.) pequenos, medianos e grandes. O obxectivo é facilitar  os labores de recollida e  reciclaxe de cartón ao tempo que se evita o desbordamento dos contedores destinados a ese material, que poidan dificultar o uso dos mesmos por parte de cidadáns particulares.
A partir deste martes, 19 de setembro, os establecementos comerciais de Cambados disporán dun novo servizo de recollida de cartón.   A recollida realizarase dous días á semana -martes e venres-  nos establecementos. O horario  será  das 10:30 horas ata as 14:00 horas.
O funcionamento deste servizo, ten unha metodoloxía moi sinxela que se describe de seguido: “Os comerciantes depositarán no interior (a man) ou na porta de acceso aos seus negocios, sen obstruir o paso aos peóns, os residuos de papel-cartón que deberán estar pregados, apilados e atados, á espera de que un camión pase a retiralos entre as 10.30 e as 14.00 horas aproximadamente”.
Aínda que o servizo bota a andar con  arredor de 60 comercios e empresas de Cambados que comezarán  a recibir o servizo gratuíto de recollida de cartón a domicilio para a súa posterior reciclaxe, dende a Concellaría de Medio Ambiente ínstase aos empresarios que poidan facer uso deste servizo a que se impliquen nesta iniciativa, xa que coa colaboración de todos e todas conseguiremos unha vila máis limpa e melloraremos a imaxe das nosas rúas, ademais de contribuir á melllora do medio ambiente asegurándonos que o cartón e papel que xeramos coa actvidade comercial se recicle de forma axeitada.
Para máis información, poderán poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambados (telf. 986520902 ext 746 / rúa Ourense, 8, 1º andar).







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.