Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de septiembre de 2017

HORARIOS DAS ACTUACIÓNS DA "FESTA CIDADE EUROPEA DO VIÑO"











O vindeiro sábado, 9 de setembro terá lugar no Parque Torrado de Cambados a 'Festa Cidade Europea do Viño' cun programa desenrolado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que pretende ser unha alternativa musical diferente á oferta xa existente dos festivais de verán.
Coa excelencia como mellor aval, as bandas presentadas o pasado venres 4 no marco da Festa do Albariño, caracterízanse por acumular premios da crítica especializada e por percorrer escenarios de todo o mundo: Belako, Familia Caamagno, Presumido, Ghesgha, Disco Las Palmeras!, , Brian Cross, Emilio José e Os Indígenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Niña Coyote eta Chico Tornado pasarán pola Capital europea do Viño nunha xornada para toda a familia.
Pero o que sen dúbida será un dos grandes atractivos da xornada será Cápsula co seu espectáculo 'Dreaming of Ziggy Stardust'. Unha homenaxe á obra de David Bowie que xa comezou no ano 2012 no que gravaron un disco, "Dreaming of The Rise and Fall of Ziggy Stardus" en homenaxe a case homónima obra mestra do extraterrestre Bowie e que está considerado como unha das obras de referencia no rock.
Nunha xornada pensada para toda a familia, o festival contará con foodtrucks e servicio de bebidas para aqueles que teñan pensado pasar todo o día no recinto
A música chegará ao Parque Torrado a partires das 12.30 h e prolongarase ininterrumpidamente ata ben entrada a madrugada da man de Brian Cross, un dos djs máis internacionais do panorama musical actual.  

HORARIOS





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.