Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2017

VOLVEN AS ACTIVIDADES SMARTPEME TRALO DESCANSO DE AGOSTO












"SmartPeme" volve á provincia con 32 novos obradoiros durante o mes de setembro

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación, destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes, terá lugar en seis centros

Os obradoiros de "SmartPeme" volven en setembro despois da pausa do mes de agosto. Así, os seis centros da provincia (Pontevedra, Vigo, O Porriño, Ponteareas, Cambados e Lalín) acollerán, durante todo o mes de setembro, un total de 32 obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
Para isto, nas oficinas de "SmartPeme" no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están pondo en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
CAMBADOS (5 obradoiros)
As quendas para o mes de setembro son as seguintes, todas elas no Centro ExpoSalnés en horario de 19:00 horas: o luns 4 de setembro, "A túa páxina web con WordPress". O xoves 7 impartirase "Google Analytics: Iniciación á analítica web". O martes da semana seguinte, día 12, "Xestiona o teu negocio desde o teléfono móbil", ao que lle seguirá o mércores 20 "A túa información sempre á man: almacenamento na nube" e, xa por último, o mércores 27 de setembro, desenvolverase o obradoiro "Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?". A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.