Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2017

O XANTAR DO ALBARIÑO (II)











Os ecos do desencontro entre a Xunta e Concello de Cambados no Xantar do Albariño non amornan, medran coma a escuma. En Cercedo Cotobade o Presidente da Xunta colleu o discurso onde o deixou en Cambados e clamou por unha Galicia Libre de Comunistas, Nacionalistas, Socialistas, Anarquistas e todo o que remate en _istas. Populares da provincia, unídevos contra aqueles que tentan dividir en vez de xuntar, desconfiade de todo o que non está baixo o noso control, e a renglón pasado Mariano Rajoy lanzou a proclama final, “hai que tentar atraer ao noso carón a calquera que nos poda botar unha man” para que vaiamos reconstruíndo o fortín do que fumos desposeídos, incluíndo o Castelo de Soutomaior e os seus xardíns coma un cadro onde a Historia e o PP nos xuntabamos en comunión. 


A min nunca me invitou Luis a nada, nen a un Kas de laranxa, e moito menos a formar parte do seu equipazo por Cambados. Demasiado roxo, debe ser, pero él tamén era do BNG e coma Pablo de Tarso en sentido metafórico caeu do cabalo, levou un golpe na cabeza e convertiuse ao PP. Os cartos da pedra da lonxa e da casa do polo o teñen confudido porén non faltou a cita dos Populares Galegos, fotos hai no seu FB particular que visito de cando en vez ao igual que o da Alcaldesa que anda moi mosqueada con Gonzalo Durán que tamén sentíu a chamada do seu dono (Feijoó). Di o Alcalde de Vilanova que Fátima Abal minte coma unha bellaca e que como catequista que é vai a arder no lume do inferno … pero Gonzalo, que ten que ver que seña catequista … coma si é monxa, todos somos pecadores e quen diga non, minte, di San Xoán no Evanxeo; Deus pediranos contas a todos e entón, no día do xuízo, é posivel que nos atopemos cunha misericordia distinta da que fala o Presidente da Mancomunidade.
E todo polo galimatías dunha comunicación oficial que non se enviou como debera, axustándose ao protocolo e dirixida ao Concello de Cambados. A intencionalidade era clara, unha pullita para lle lembrar a Fátima que non manda nada nin no Concello nen na Mancomunidade (onde delegou o seu posto en Víctor Caamaño). Non vai a sela primeira vez nen a última pero neste caso anda errado o Alcalde de Vilanova porén a sanidade é unha competencia da Xunta de Galicia e se hai que debullar un anteproxecto de lei co Conselleiro do ramo, compre invitar aos responsables desa área (Tino Cordal en Cambados) e aos Alcaldes que abranguen a área Sanitaria da que se está a tratar. Polo tanto a presencia da Alcaldesa de Cambados era inexcusável, e de aí o desencontro nesa cáseque perfecta relación que mantiña con ela, actos da Cidade do Viño Cambados 2017 incluídos, onde ou ben actuou para saír nas fotos e se daren publicidade ou consciente da importancia da distinción (esta última que o PP de Cambados tenta eclipsar de tódolos xeitos posibles a pesares da importante fonte de ingresos que está a supor e a imaxe exterior que proxecta para ben da nosa vila). 


Seguindo con Don Alberto dividir é sinónimo do PP, ou estás comigo ou está contra min, e as probas me remito. Sigo os debates nun acto que lle ofrezo a Gonzalo e a Deus de 13 TV e alá están Marhuenda e todo o facherío que conforma a dereita radical. As autoridades
eclesiásticas andan preocupadas pola baixa asistencia de feligreses aos ritos e que non lles estrane, a xente ten memoria e sabe con quen se xuntaron perante 40 anos de ditadura e a quen recurren e pagan para seguer enfrontándonos entre nós, decindo bulos, mentiras, barbaridades ao igual que o inxente número de perfís falsos que pululan polas Redes Sociais. A cuestión é apelar as emocións, aos prexuízos, pero o que é a percura da verdade, interese ningún, todo faise cun afán sectario de protexelos meus e darlles sen piedade aos contrarios.
Consonte ao expresado gostaríame preguntar aos Señores do Goberno de Cambados se mantemos nós a Viaqua, Espina e Delfín e máis amplo e pagámolas prevendas das que fan uso (que perdonen a miña ignorancia), para que se me entenda si lles pagámolo aluguer polo espazo que utilizan, dependencias municipais que son do común dos veciños. E tamén cando pensan darse unha volta polas parroquias e máis amplo e ver o estado de “ornato” dalgunhas paraxes pegadas ás casas polo que os veciños “abonan” un pastizal, e que non me veñan dicindo que está privatizado porque o problema é de quen fía. Que están a esperar, que cheguen as eleicións para facer facer unha batida ¿ Hai cousas que non se entenden, como limpalas rúas e adecentalos viais porque chegan os turistas solventes antes do Albariño e despois en canto marchan voltamos a estar igual ou pior… Despois de dicir disto imaxino que a min tamén me amenazarán co Inferno ou con Siberia, Gonzalo HELP ME ¡!! 




Un artigo de Óscar Núñez.-

Corrección- Dende hai máis dun ano as empresas concesionarias de servizos municipais deben pagar polo uno de instalacións municipais.


http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/concello-cobrara-concesionarias-servicios-publicos-ocupar-oficinas/20160123233309134677.html






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.