Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2017

O XUVEN DA POR CERRADA A PLANTILLA RENOVADA NUN 90%










O conxunto cambadés asume unha tempada na que os problemas económicos impedían poder reter aos xogadores que tan bo nivel deron o ano pasado (tres foron a LEB Ouro, de feito). Un equipo tan renovado convértese en imprevisible. Incorporan mocidade con Bello, Poyatos e Barros. E logo chegan apostas de ligas portuguesa, xeorxiana ou romanesa. Unha das claves será o labor de integración que faga Chiqui Barros para cohesionar un bloque.

Chiqui Barros colle as rendas nun proxecto máis internacional que nunca. Repatrían a Galicia a Estévez, apostan pola mocidade de Poyatos que terá que demostrar que a LEB é o seu sitio, e poñen o acento internacional con fichaxes exóticas: o internacional xeorxiano Pkhakadze (do que falan moi ben), o internacional inglés Will Saunders (ten moi boa man e o seu reto é a súa condición física) e o internacional bielorruso Krysevich (que achegará físico á pintura).


Ent.- Chiqui Barros (Ferrol 1970) Chega procedente do Basquet Coruña, onde a pasada primavera logrou ascender ao filial á EBA. Nese mesmo club conseguiu unha fase de ascenso á ACB para mediados dos 90. 
Co Plasencia logrou levantarse campión de conferencia da EBA e levou no seu día ao Calpe á coñecida entón como LEB 2. Círculo Badaxoz (LEB 2) e ADT Tarragona (LEB Bronce) foron os seus últimos equipos masculinos antes de comezar no baloncesto feminino, onde estivo dúas tempadas á fronte do Universitario de Ferrol en LF2 e seis no Bembibre PDM, ao que subiu e asentou na liga Feminina. Ademais, o ferrolán conquistou o título de campión da liga Ecuatoriana co Universidade Tecnolóxica Equinoccial de Quito.

B.- Samuel Barros 
(19 anos, 1.90) é un base que chega desde Narón, co que competiu na pasada EBA promediando 15.3 puntos e 3.4 asistencias por partido.



B.- Otar Pkhakadze (Mgzavrebi) B
ase de 24 anos. Trátase dun xogador que foi internacional co seu país tanto en categorías de formación como na absoluta. Chega procedente da liga xeorxiana onde asinou 11.4 puntos co Mgzavrebi-Armia.



E.- Juan Martín Orellano (Zornotza) 
2,00 metros de estatura e 28 anos. Juanchi Orellano regresa a Cambados tras a súa aventura dun ano no Zornotza. Alí estivo nos números que máis ou menos promediaba en Cambados. 

E.- Pablo Villarejo (Alcázar) 
(25 anos, 1.95m) promedió 7.6 puntos e 1.1 rebotes por partido a pasada tempada. En Cambados volverá coincidir con Iago Estévez, co que compartiu vestiario en Alcázar.

A.- Martín Bello
(19 anos, 1.94m) é un ala que chega desde Basquet Coruña, onde competiu co equipo de Primeira Nacional logrando o ascenso a EBA.


A.- Will Saunders 
O ala británico chega ao conxunto amarelo para reforzar a liña exterior, aínda que o 2.01 de altura tamén lle permite poder actuar en posición de 4. Formado na NCAA (Charleston Southern), destacou pola súa eficacia no tiro exterior. Na súa etapa como profesional competiu en Angelico Biella da Serie A2 italiana e a pasada campaña fíxoo na liga romanesa co o Sibiu.


AP.- Iago Estévez (Alcázar) 
(26 anos, 2.04m) que chega procedente de Alcázar Basket, onde militou as dúas últimas campañas. Estévez ten unha dilatada experiencia en EBA e debutaba o ano pasado en LEB Prata promediando 6 puntos e 3.7 rebotes en Alcázar Basket.


AP.- Bernard Morena
 (26 anos, 2.03m) é a aposta de Xuven para o posto de á-pivote. O xogador marfileño chega despois dunha tempada en branco por motivos persoais pero foi convocado pola súa selección nacional para disputar o Afrobasket


AP.- Carlos Poyatos (Palma) 
(22 anos, 2.07m) disputou a pasada campaña a EBA promediando 15 puntos e 7.8 rebotes por encontro.


P.- Vladzimir Krysevich (Galitos) 
(26 anos, 2.09m) chega desde o Galitos da primeira división portuguesa onde promediou 3 puntos e 2.5 rebotes por encontro. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.