Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2017

CONCERTO HOMENAXE A "NARF"











Este vindeiro sábado celebrarse nos Xardíns da Biblioteca Luís Rei un concerto homenaxe a Fran Pérez, "Narf"
O concerto correrá a cargo da banda de Mozambique "Timbila Muzimba", que mantivo unha moi boa relación musical e persoal co cantante galego. Tamén colabora Uxía, gran amiga de Fran Pérez.

O carácter polifacético de Narf, que dende as súas raíces no rock decidiu afondar no intercambio e diálogo don artistas africanos coma Manekas Cosas (Guinea Bisau) ou Timbila Muzimba (Mozambique). Da colaboración con estes últimos naceron,  "frutíferos encontros, e non só no musical, senón tamén no lingüístico, no espazo da lusofonía". De feito Narf lle puxo música a un poeta mozambicano, Xosé Craveiriño.
A relación con Timbila Muzimba plasmouse nun proxecto, Bumba, dividido en dúas partes. A segunda parte, está enmarcada no proxecto Da Zigala a Zemambiquo, no que a música se combina co diálogo intercultural, a innovación musical e a tradición africana. Timbila Muzimba é un colectivo mozambicano de músicos e bailaríns fundado en 1997 en Maputo. As súa música é unha aposta por preservar a identidade cultural da etnia Machopi, á que pertence.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.