Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2017

PRESENTADO O CONCURSO DE CAMISETAS DA FESTA DO ALBARIÑO












A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño.
O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra.
Este ano como novidade haberá un premio de 100 con motivo da Capitalidade Europea do Viño.
Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a camiseta gañadora, e a dous finalistas.
O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100.
O prazo de presentación dos deseños é ata o venres 4 de agosto e os interesados en inscribirse deberán presentar un exemplar da camiseta e cubrir unha ficha cos datos dun membro da peña nas oficinas de Zona Centro, na rúa Ourense nº8, de 9 a 14 horas.

Os detalles deste concurso foron presentados esta mañán polo concelleiro Xurxo Charlín e Miguel Solla en representación dos comerciantes.



    • BASES DO CONCURSO

      1. PARTICIPANTES.
      Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse ó concurso. A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de ser gañadores, debe ter como mínimo 18 anos de idade.

      1. TEMÁTICA.
      Liberdade nos temas (parodias típicas do albariño), sen que se poida ofender de ningunha forma a calquera persoa física ou xurídica.

      1. INSCRIPCIÓN NO CONCURSO.
      Cada grupo de participantes deberán depositar:
        • A folla de inscrición cuberta.
        • 1 camiseta, para que o xurado poida facer a valoración pertinente.
    • .
  1. LUGAR DE ENTREGA E DATA DE PRESENTACIÓN.
    • O lugar de entrega da folla de inscrición e a camiseta é nas oficinas da Asociación, situadas na rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados – fronte á Cafeteria Thelma) ,  en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • O último día para realizar a inscripción é o Venres 5 de agosto ate as 13:00 horas.

  1. XURADO.
O xurado estará composto pola socios e directivos da Asociación Cambados Zona Centro.

  1. PREMIOS.
Establécese os seguintes premios en vales compra :
1º PREMIO:                                               300,00 €
2º PREMIO:                                               200,00 €
3º PREMIO:                                               100,00 €
PREMIO “CIDADE EUROPEA DO VIÑO”:   100,00 €

  1. ENTREGA DE PREMIOS.
Este premio será entregado ó grupo gañador o sábado día 5 de agosto no Concello de Cambados as 12:30 horas, expoñendo ante os medios de comunicación as camisetas gañadoras do concurso.

  1. MÁIS INFORMACIÓN.
Oficinas da Asociación Cambados Zona Centro
Rúa Ourense nº 8 (antigos xulgados)
Horario: 9:00 a 14:00 horas.

Tlf.: (986) 52 09 02  (ext.: #742) e_mail: info@cambadoszonacentro.com






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.