Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2017

O XANTAR DO ALBARIÑO DEIXARÁ 5 € A "AME" POR CADA COMENSAL











O Concello de Cambados pon a venda as tarxetas do Xantar do Albariño - O Xantar tera un custe de 45 euros, sendo destinados 5 euros en beneficio da Asociación GaliciAME.
- O Menú incluirá como novidade nesta edición as Ameixas ao Albariño.
O Concello de Cambados pon a venda as tarxetas para participar no Xantar do Albariño, cun custe de 45 euros, sendo destinados 5 euros deste importe para a entidade sen ánimo de lucro, a Asociación GaliciAME. O Concelleiro de Servizos Sociais e Portavoz de Somos Cambados, Tino Cordal explicou que cada comensal, sexan invitados ou aqueles que compren a tarxeta do Xantar, deberán aboar cinco euros sobre o prezo do menú, desta maneira o prato vai ter un prezo total de 45 euros, destinando esta recadación en axuda “dunha entidade benéfico-asistencial, de Cambados ou da bisbarra” sendo nesta edición a entidade seleccionada a Asociación GaliciAME.
No 2016 comezouse esta iniciativa solidaria por Esperanza Salnés, colectivo cambades que atravesa problemas de financiación, e neste exercicio decidiuse seleccionar a Asociación GaliciAME. Asociación sen animo de lucro de Cambados e na que destaca o labor da súa presidenta Merchi Alvarez, polo gran traballo que esta a realizar na comarca e o seu espírito incansable, loitando día a día non só con esta grave enfermidade, senón tamén pola difusión e sensibilización na sociedade da AME, ademais de tódalas accións que esta a realizar para mellorar a situación das persoas afectadas pola enfermidade da AME, e na busqueda de melloras na calidade de vida e posibles terapias curativas ou paliativas para todas as persoas que sofren esta enfermidade.
Cordal considera que si se mantén a afluencia de comensais ao Xantar, unhas 600 persoas, poderían recadarse uns 3.000 euros para esta asociación. Sobre o feito de encarecer o prezo do prato e introducir o pago aos invitados explicaba que non cree que ningunha persoa poña obxección coñecendo a finalidade da recadación. É máis, opina que ata “pode ser un incentivo” para que máis persoas acudan.

O Xantar contará con Ameixas de Cambados elaboradas ao Albariño Outra das novidades nesta edición do Xantar do Albariño vai ser a introdución dun novo prato no Menú, neste caso tratase dun dos mariscos máis representativos e que máis abunda na lonxa de Cambados: as Ameixas, e que serán elaboradas ao Albariño, unha receita sinxela na elaboración pero cun gran sabor, e na que se maridan dous produtos típicos do noso concello co mellor do noso mar e da nosa terra. O Xantar celebrarase no pazo de Torrado o 6 de agosto (domingo), e segundo explica o Portavoz municipal, Xurxo Charlín, o menú consta do Viño Rías Baixas no que se servirá empanada de pan de millo e de trigo, pementos de Padrón da cooperativa Horsal de Cambados e "polbo á feira" da coñecida “Pulpería Aurora”, unha das máis importantes do Carballiño; xa na mesa servirase o Xantar composto de Cigalas, vieiras de Cambados, Ameixas ao Albariño, Redondo de tenreira ao forno con guarnición e Tarta de Santiago, Café e Augardentes, todo iso regado con viños de máis de 60 bodegas da denominación de orixe Rías Baixas.
Así as cousas, quenes queiran comprar a tarxeta física, xa poden pasar estes días polo Concello, e acudir ao departamento de Recadación. Mentres, os que prefiran adquirila por internet ou non lles quede máis remedio que utilizar esta vía, xa poden obtelas a través da páxina web municipal. Xurxo Charlín responsable do departamento de facenda e Portavoz municipal, explicou que se trata dunha medida que xa se introduciu o ano pasado, e que este ano vaise volver a realizar, xa que desta maneira “facilitase a compra das tarxetas para o Xantar a aquelas persoas que por calquera motivo non poidan pasar polo concello en horario de atención ao público”. Así, o que teñen que facer os interesados en cubrir cos seus datos persoais un formulario que aparece na páxina web, e que servirá para realizar a reserva. Unha vez realizada esta, desde o Concello remitiráselle ao día seguinte por correo electrónico a liquidación, para que o solicitante faga efectivo o pago das entradas compradas ben nun banco ou ben a través da pasarela electrónica habilitada para as liquidacións na web municipal.
Unha vez que estean pagadas ditas liquidacións, será cando as invitacións queden automaticamente reservadas a nome do solicitante. Este poderá acudir posteriormente a recollelas ao Concello ou no posto que se habilita o mesmo día da comida no pazo de Torrado, presentando para iso o carné de identidade.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.