Este vindeiro luns día 17 celebrarase o cincuentenario da morte de Plácido Castro. Faleceu o 17 de xullo do ano 1967, na súa casa da Calzada. Acto organizado pola Fundación Plácido Castro.
Ás 11.00 horas cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa Mariña, seguida dunha lectura de poemas a cargo de Cristina Lede, neta do homenaxeado. Ás 12.00 horas, hai unha mesa redonda en Exposalnés, que leva por título "Vivencias con Plácido Castro", e na que participarán Benito Bouzada Campos, Carlos Álvarez Puga, Juan Manuel Arenaz Núñez, Francisco Caamaño Rodríguez, José Fernández Rodiño e Xosé María Álvarez Cáccamo

O IGADI promoveu en 2001 a creación da Fundación Plácido Castro na que tamén participan os concellos de Cambados, Corcubión, Vilagarcía de Arousa e a Asociación de Tradutores Galegos. A Fundación ten por obxecto a reivindicación da figura, obra e pensamento de Plácido Ramón Castro del Río, atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.