Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS CERRA 2016 CUN SUPERÁVIT DE 609.177,82 €









O Concello de Cambados pecha o exercicio 2016 cun superávit dos máis altos nos últimos anos e reduce a morosidade a metade

- O Goberno local de Cambados saldou as contas correspondentes ao exercicio 2016 cun superávit de 609.177,82 euros.

- Cambados reduciu a metade a débeda total do concello nestes dous anos de goberno de 3,7 millóns en 2015 a 1,85 millóns de euros actual.

O Goberno local de Cambados saldou as contas correspondentes ao exercicio 2016 cun superávit de 609.177,82 euros, un dos máis altos dos últimos anos malia as dificultades impostas o atoparse nun Plan de Axuste Económico-Financeiro imposto polo excesivo gasto realizado sen asignación orzamentaria nos meses antes das eleccións de 2015, polo anterior goberno de Luis Aragunde.

O informe da intervención municipal subliña que o remanente de tesourería ascende a 78.080,39 euros, e a vista do informe de Avaliación do Cumprimento do Obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, da Regra de Gasto e da Débeda, desprendese que a liquidación do Orzamento axústase ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria, e ademais CUMPRE os obxectivos fixados no Plan Económico-Financeiro para o período 2016/2017 aprobado polo Pleno do Concello, por incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto na Liquidación de 2015. Este incumprimento viña motivado segundo os informes de intervención polos gastos realizados sen consignación orzamentaria polo anterior goberno. Así nos informes de intervención di textualmente: “Os motivos principais de dito incumprimento o constitúe os numerosos gastos realizados sen consignación orzamentaria que foron ou están sendo obxecto de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos.”

O mesmo informe técnico indica que as arcas do Concello manteñen a peche de 2016 un saldo bancario de 767.597,21 euros.

Estes datos contables débense, en gran medida, ao rigor e a responsabilidade coas que se xestionan os balances do municipio, pois un dos obxectivos fixados é o de establecer criterios acordes coas necesidades económicas, sen gastar máis do que se ingresa. A xestión do Concello, procura axustarse á realidade orzamentaria sen que iso vaia en detrimento do desenvolvemento e a prosperidade do municipio.

Unha política económica eficaz non é incompatible cos investimentos importantes, contando coa colaboración doutras administracións, como é o caso das obras realizadas no Polígono Industrial, rematando as beirarrúas e creando o primeiro viveiro industrial da comarca, ou a dotación caldeira de biomasa no centro socio-cultural A Merced, e a mellora alumeados públicos en parroquias; ademais das obras realizadas ao cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, no Bombeo en Laxes-Corvillón, a Pavimentación de camiños en Lourido- Sartaxes (Castrelo), o Acondicionamento de viais na Parroquia de Vilariño, o Ensanche do vial na Rúa Cruceiro, a Mellora da superficie da Pista Atletismo e a rehabilitación do Muiño da Seca; ou as que se están a realizar nestes momentos como a dotación infraestruturas en Cambados, na Modia, Lourido, Covas de Lobos, a Pedreira, os redutores que se están a instalar o longo do concello, ou os asfaltados en Blanco Amor, A Mariña e na Travesía da EP9004; a mellora capa de rodadura e dotación beirarrúas no lugar de Burgáns.

O Concello tamén organiza promoción turísticas a nivel nacional e internacional, ademais de manter o potencial da Festa do Albariño que, para o goberno local, segue sendo un investimento fundamental para o sector vitivinícola, comercial e servizos, unido este ano aos actos da capitalidade de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

O mellor dato na morosidade do Concello de Cambados

A débeda pendente do concello de Cambados con provedores situase no importe máis baixo dende que o concello de Cambados emite informes, así neste trimestre a morosidade e de 455.892,97€, reducindo nun 65% a morosidade en comparación co saldo que se atopou o actual goberno cando chegou no exercicio 2015, cando remataron de presentarse a maioría das facturas do anterior goberno, este importe chegou a ser de 1.299.855,77€. Tamén cabe salientar a redución na débeda viva, coas entidades financeiras, así o Concello de Cambados reduciu o importe pendente de pago en máis de un millón de euros, de 2,4 millóns de euros en 2015, a 1,4 millóns de saldo pendente na actualidade, o que supuxo reducir a débeda total do concello de Cambados nestes dous anos de goberno a metade, pasando de 3,7 millóns de euros en 2015 aos 1,85 millóns de euros na actualidade, reducindo a morosidade a mínimos históricos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.