No goberno de Cambados está a exporse a posibilidade de non convidar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao 'Xantar do Albariño'.
O grupo do BNG propuxo aos seus socios de goberno -PSOE, Somos e Pode- que Feijóo non sexa convidado á comida oficial que organiza o Concello o último día da Festa do Albariño, ao considerar que a Xunta actuou "con desprezo e sectarismo" na celebración de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.
O goberno local leva meses queixándose da falta de apoio institucional e económico da Xunta para levar a cabo o programa de actividades para conmemorar a capitalidade de Cambados, tendo mesmo que anular algunhas das actividades previstas.
Os socios de goberno, tras abordar o asunto na xunta local, acordaron volver tratalo nunha reunión que manterán este venres e na que se decidirán os invitados ao Xantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.