Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2017

V RUTA DO ALBARIÑO ESTA FIN DE SEMANA EN CAMBADOS E MEAÑO










Este fin de semana, 17 e 18 de xuño os concellos de Meaño e Cambados engalanaranse para recibir a V Ruta do Albariño.
O presidente da Federación Galega de Ciclismo destacou unha importante participación nesta proba, e agradeceu tamén a promoción do deporte nas categorías junior. Esta edición é un tributo a Modesto Sánchez Alba, máis coñecido como "Teto". 

Polas estradas da comarca do Salnés rodará durante esta fin de semana un pelotón de máis de cen corredores. A Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba ‘Teto’ celebra a súa quinta edición sendo fiel ao seu formato habitual. Os ciclistas das categorías júnior, sub20 e feminina disputarán tres etapas en dous días con Meaño e Cambados como puntos neurálxicos desta mini volta.
A cita organizada polo Club Ciclista Cambados e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) abrirase o sábado ás 11:00 horas cunha cronoescalada de 3 quilómetros ao alto do Busto. Despois do aperitivo matinal, pola tarde será a quenda da primeira proba en liña. Ás 16:00 horas os corredores poranse en marcha desde Meaño para completar un percorrido de 54 quilómetros coa Meta Volante do Grove (Km 14) e o alto de 3ª categoría de San Benito (Km 46) como puntos quentes antes de alcanzar a liña de meta da rúa Desiderio Dóvalo na vila meañesa.
O desenlace da Ruta do Albariño chegará a partir das 10:30 horas do domingo en Cambados con tres voltas a un circuíto de 23 quilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Nos dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartiranse puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro coñecerase ao vencedor da xornada e da xeral do tríptico.
Dezasete equipos
Entre os dezasete equipos que confirmaron a súa presenza hai oito galegos: Cortizo – Anova, Ponteareas, Cidade de Lugo – Esturión, Carballo a un Paso, Farto, Cambre – Caeiro, Autrónic – Vigués e Fundación Óscar Pereiro. Do resto de España contarán con representanción o Dipuleón – Bembrive, Arte en Transfer – León, Alberto Contador e Bioracer – Elmet, mentres que o ciclismo portugués aporta cinco formacións: Bairrada, José Maria Nicolau, Barcelos, Seissa e Tensai.
Precisamente un ciclista luso, Joao Almeida, anotouse o triunfo final o pasado ano. A Ruta do Albariño mantén a súa condición de proba puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e esta temporada tamén é valedoira para a Copa Galicia Júnior. O certame autonómico chega ao Salnés liderado por Guillermo García (Bathco), que supera en 8 puntos a Brais García (Cambre – Caeiro) e en 14 a Martín Soutullo (Carballo a un Paso).
O acto de presentación tivo lugar no salón de plenos do Concello de Cambados e nel participaron Víctor Caamaño, concelleiro de deportes de Cambados;  Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño; Ernesto Falcón, presidente do Club Ciclista Cambados; e Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC.
Desde a organización agradécese especialmente a aposta de Meaño e Cambados por esta carreira, así como a colaboración dos voluntarios de Protección Civil, das policías locais, da Garda Civil, das empresas patrocinadoras e dos concellos de Sanxenxo e O Grove, municipios de paso das etapas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.