Un home de avanzada idade de iniciais F.G.V., resultou ferido esta mañá tras ser atropelado por un turismo no paso de peóns dos Catro Camiños, en Cambados. Urxencias Médicas daba conta do acontecido ao 112 Galicia, ás 11:45 horas. A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 requiriuse a intervención da Policía Local e de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Ribadumia foron informados. Unha vez no punto, os axentes solicitaron ao persoal do 112 asistencia sanitaria para unha das ocupantes do turismo.
Segundo informaron fontes municipais o ferido presentaba un traumatismo nunha perna e foi trasladado ao un centro sanitario.
Segundo informaron fontes municipais o ferido presentaba un traumatismo nunha perna e foi trasladado ao un centro sanitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.