Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE RETRATOS DOS MÁIS CATIVOS NA BIBLIOTECA LUÍS REI DE CAMBADOS







Este venres (17:00-19:00 hrs)e sábado (10:30-13:00 hrs)  na Biblioteca Luís Rei de Cambados estarán expostos os traballos pictóricos dos alumnos de infantil do CEIP Enrique Barreiro e da EEI A Modia. 
Unha exposición sobre como ven os máis pequenos o seu propio rostro e como o plasman nun retrato.
Coa colaboración da artista viguesa Abi Castillo e o departamento de educación do Museo Thyssen-Bornemisza.


Abi Castillo é unha consumada ilustradora e a súa traxectoria vai dilatándose por méritos propios co paso do tempo.

Cultivou un gran éxito coas súas participacións en varios proxectos editoriais, e as súas últimas obras decoran as novas instalacións do Mercado do Progreso da cidade de Vigo, que ademais dos tradicionais postos dun mercado engloba, tamén, un conxunto de locais cunha extensa oferta hostaleira, artística e de servizos, un lugar acolledor, con gran ambiente e de cita obrigada no centro da cidade de Vigo. Alí mesmo, Abi Castillo dispón dun local onde expón as súas obras, a maioría delas totalmente cheas de gran colorido e cun estilo moi característico que lle confire unha personalidade que se identifica con facilidade, algo moi difícil de conseguir para un artista e que ela xa logrou. Quen o desexe tamén pode realizar unha visita ao seu escaparate virtual na súa páxina web. Pero o ideal é deixarse caer polo seu local no Mercado do Progreso de Vigo, onde ela mesma pode explicar as súas obras ao visitante.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.