Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2017

A XUNTA ANUNCIA A LICITACIÓN DO EQUIPAMENTO DO CENTRO DE DIA DE CAMBADOS











O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que anuncia a licitación polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria para contratar o subministro de equipamento e amoblamento do centro de día de Cambados, en Pontevedra.
O orzamento para esa dotación é de 90.374,77 euros (IVE incluído), dos que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará 70.000 e o Concello de Cambados, 20.000, de acordo co convenio de colaboración asinado por ambas partes o 31 de marzo de 2017. O prazo de execución é de 30 días.
As empresas interesadas en participar nese concurso terán 15 días naturais dende mañá -o día seguinte á publicación do anuncio no DOG-, para presentar as súas ofertas, polo que ese prazo rematará o próximo 23 de xuño.
A Xunta de Galicia avanza deste xeito cara a posta en servizo este ano do centro de día de Cambados, en cuxa construción investirá 800.000 euros (incluíndo estudos previos, proxectos e dirección de obra) e que ofertará un total de 40 prazas para maiores da comarca pontevedresa de O Salnés.
O seguinte -e último- paso previo á entrada en funcionamento do centro será a remisión ao Concello de Cambados do convenio de colaboración para a xestión do centro -nos termos establecidos no Acordo Marco subscrito en maio de 2016 entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)-, que logo deberá ser aprobado polos órganos de Goberno de Cambados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.