Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2017

CAMBIOS SUSTANCIAIS NA PRÓXIMA "FESTA DO ALBARIÑO"













Este ano desaparece a carpa de degustación que tantos quebradeiros de cabeza dou aos diferentes gobernos locais de Cambados. Lembremos que as queixas dos hosteleiros foron constantes pola duración do contrato, case tres meses chegou a funcionar, ou polo horario de apertura deste negocio.
Xa nos últimos anos tivo que adxudicarse cun precio moi baixo, que apenas repercutía nos ingresos da festa.
Este será o terceiro anos que o actual goberno se encarga de organizar a Festa e chegan eses cambios que deberían redundar nuns maiores ingresos para a hostelería local.

Outro dos motivos da desaparición da carpa é que o paseo da Calzada convertíase nun embudo para a circulación tanto de persoas como de vehículos.
A carpa será sustituída por oito furgonetas nas que se elaborará comida pero de garantías e con productos galegos 100x100. Para o que desexe a tranquilidade, a comodidade e comer sentado terá que acudir aos locais de Cambados. Mantivéronse contactos con cociñeiros locais, para explicar as novidades.
Están confirmados 5 Food-Truck, entre eles Tonino Botana con comida variada, o de Pepa a Loba, onde o producto a servir serán ostras, unha Pulponeta, como seu nome indica, onde se servirá pulpo, un de bebidas onde se servirán refrescos augas e cervexas, pero non viño, e outro que servirá hamburguesas pero con producto galego.

Quedan tres libres quen esté interesado pode acudir ao concello para recibir mási información.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.