Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2017

RECUPERAN O CORPO DUN HOME QUE PREPARABA UNHA REGATA EN VILAGARCÍA












O corpo dun home de 58 anos, que realizaba preparativos para unha competición, foi recuperado na tarde deste sábado da auga na Ría de Arousa na zona de Vilagarcía de Arousa.

Emerxencias de Vilagarcía de Arousa concretaron que os feitos sucederon sobre as 14.30 horas cando o home falecido estaba "a uns 300 metros do Club de Mar poñendo mortos para unhas aboias para unha competición".
As mesmas fontes relataron que, por causas que se descoñecen, o home apareceu flotando, polo que se mobilizou unha embarcación do servizo de emerxencias de Vilagarcía, que trasladou a terra o home.
En terra unha ambulancia do 061 e persoal sanitario do centro de saúde prestaron asistencia, pero unicamente puideron certificar o seu falecemento.
Foron mobilizados, ademais, a Gardia Civil e a autoridade xudicial para ordenar o levantamento do cadáver.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.