Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de mayo de 2017

PIRAGÜISMO CAMBADOS GAÑA A REGATA DE VIGO










Na tarde de onte sábado 20 celebrábase na dársena de Bouzas en Vigo a II Regata Olívica-Trofeo Liceo Marítimo de Bouzas, competición que pertence á liga Galega de Kaiak de Mar e estaba organizada polo Club Piragüismo Olívico xunto coa Federación Galega de Piragüismo. As distintas probas daban comezo ás 17:00 coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.

Esta edición do Trofeo Liceo Marítimo de Bouzas tivo como gañador ao Piragüismo Cambados (364 puntos), a segunda posición foi para o Club de Mar Ría de Aldán (348 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (287 puntos).

O equipo de Cambados dirixido por Juventino Pérez repetía triunfo na xeral masculina con 268 puntos, seguido polo Club de Mar Ría de Aldán que sumou 268 puntos, terceiro con 181 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Pola contra en mulleres gañou o Piragüismo Olívico con 106 puntos, o segundo posto do podio foi para o Piragüismo Cambados con 96 puntos e o terceiro sería o Club de Mar Ría de Aldán con 91 puntos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.