Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2017

OS INFANTILES DO CAMBADOS XOGARÁN MAÑÁN PARA ACERCARSE AO ASCENSO














Xornada decisiva para os equipos xuvenís, cadetes e infantís que loitan por ascender

Mañá dispútase unha decisiva xornada das fases de ascenso a Liga Galega nas categorías xuvenil, cadete e infantil. No documento adxunto podedes consultar todos os enfrontamentos da xornada, tanto os correspondentes á Zona Norte como á Zona Sur.

Na Zona Sur, as roldas iniciais das fases de ascenso xóganse a partido único en campo neutral. O pasado sábado 13 de maio disputouse a primeira eliminatoria e mañá terá lugar a segunda coa entrada de novos equipos.

Os escenarios volverán ser os mesmos: Municipal de Meis (Mosteiro) en xuvenís, As Baloutas (Mos) en cadetes e A Lomba (Ponteareas) en infantís.

Os equipos clasificados disputarán as eliminatorias finais a dobre partido os días 27 de maio e 3 de xuño. Dous equipos por categoría serán os ascendidos da Zona Sur a Liga Galega.


Na categoría infantil está inmerso o Juventud de Cambados que rematou a liga en 3ªposición e que a semana pasada pasou a primeira rolda tras vencer ao S.D.C. Arrabaldo de Ourense por un contundente 4 a 1 non exento de emoción posto que non foi ata o final cando se resolveu todo.
Os goles foron materializados por Aarón, nunha boa xogada colectiva, Álex (2) o primeiro tras un corner e o segundo con axuda da defensa e Yerai, nun contraataque para sentenciar o partido.

Mañán a partires das 12:00hrs os rapaces do Cambados disputarán o segundo partido contra o C.C.A.R. Valadares no campo da Lomba de Ponteareas.

Por segundo ano consecutivo os rapaces adestrados por Pénjamo e Fari tratarán de pasar a rolda final que xa sería a doble partido.

Moita sorte rapaces!!!!

PÉNJAMO e FARI (Adestradores) e DAVID, VICENTE, SERGIO, ÁLEX, ADRI, RICARDO, AARÓN, VÍCTOR, YERAI, DIEGO, ANXO, MIGUEL, MÍGUEZ, ALBERTO, GABI, XABI e MIGUELÍN.  









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.