Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de mayo de 2017

O XUVEN TENTARÁ RECUPERAR O FACTOR CANCHA EN MORÓN














Tras a derrota do domingo pasado en Cambados, a eliminatoria de cuartos de final para o play-off de ascenso a LEB Ouro entre Xuven Cambados e Aceitunas Fragata Morón está igualada. Cando menos haberá que disputar  dous partidos no Pavillón Alameda. Oportunidade de facer historia e avanzar a semifinais está ao alcance tanto un coma outro conxunto. pero coa ventaxa para o equipo local, que estará apoiado polo seu público. Pero iso non asegura nada

Aínda que chegan minguados pola baixa de última hora de Brat Osborne, un dos mellores xogadores do conxunto, Xuven Cambados Cidade Europea do Viño segue tendo a plantilla máis anotadora da LEB Prata. Por dentro seguen tendo xogadores con moito perigo como Gelazonia, que fixo moito dano cos seus movementos baixo o aro e os seus ganchos certeiros. Si consiguen frealo será unha das claves para que Morón poida ter opcións de gañar o partido. No exterior, as armas galegas non son menos perigosas. O tiro de tres é unha das especialidades de xogadores como os Erik Quintela, Adriá Baiget ou Charles Nkaloulou, como se puido comprobar nos dous partidos que levamos de cuartos de final.


Con todo, os xogadores do Aceitunas Fragata Morón tamén teñen argumentos dabondo para poder dar moita guerra durante estes dous partidos. Todos os focos estarán en Mansour Kasse, que está a ser un dos máis destacados nestes primeiros compases dos play-off de ascenso (foi MVP da xornada e promedia 13,5 puntos e 7,5 rebotes). El será unha das grandes referencias locais, pero non estará só. Rafa Rufián pode contar xa con todo o persoal, co que as alternativas se multiplican. Ademais, o equipo conta cun reforzo importantísimo.

O partido será ás 21:00 horas, transmitido en directo por FEB.TV













No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.