Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2017

GALICIA E CAMBADOS 3º MELLOR DESTINO DE VIAXES SEGUNDO «LONELY PLANET»













A comunidade galega é nin máis nin menos a terceira opción como mellor destino europeo para a revista de tirada internacional adicada ao turismo e viaxes «Lonely Planet». Só a superan Zagreb, en Croacia, e a sueca Gotland.

No seu blogue, Lonely Planet destaca que "Galicia é case un país en si mesma, coa súa propia lingua, a súa propia música (protagonizada polas gaitas), un impresionante patrimonio arquitectónico de varios séculos e unha poboación moi acolledora". Destaca os seus máis de mil quilómetros de praias, «que serpentean ao redor de longas enseadas, cantís de vertixe», os seus pobos de pescadores e os seus centos de praias.Tamén dedica mención especial á gastronomía e destaca o seu marisco, "dos máis saborosos que se poden saborear", e os seus viños, "sobre todo en Cambados", elixida Cidade Europea do Viño 2017.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.