Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de mayo de 2017

DOUS AROUSÁNS DETIDOS NUNHA OPERACIÓN CONTRA O TRÁFICO DE DROGAS











Houbo rexistros en Fefiñáns (Cambados) e Caleiro (Vilanova) e non se descartan novas detencións.

A Policía Nacional e a Garda Civil detiveron este xoves nunha operación conxunta contra o tráfico de drogas a dous mozos en Cambados e Vilanova de Arousa.

Axentes da Policía Nacional e da Unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil (Usec) procederon á primeira hora da tarde ao rexistro das vivendas dos dous mozos, na contorna de Fefiñáns, en Cambados e na parroquia de Caleiro, Vilanova.

De momento descoñécense o material incautado durante os rexistros e non se descartan novas detencións, indicaron a Efe fontes da investigación.

Finalmente foron tres as persoas detidas en Cambados e en Vilanova na operación contra o tráfico de drogas que se desenvolveu hoxe no Salnés pola  Garda Civil e a Policía Nacional. As 8 tarde aímda permanecían nas proximidades do inmoble rexistrado en Cambados na zona de O Pombal membros da Policía Nacional que levaron a cabo un amplo i espectacular operativo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.