Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2017

UN CAMBADÉS FERIDO TRAS CAER NUNHAS ROCHAS NO GROVE








Un cambadés de 58 anos foi rescatado onte na localidade do Grove despois de sufrir unha caída nunha zona rochosa. O varón –consciente en todo momento- caeu entre as rochas, en O Carreiro, San Vicente do Grove, pero non podía saír por si só. Así o relataban os particulares que, ás 19:15 horas da tarde pasada, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.
A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 pasouse aviso a Urxencias Médicas, Bombeiros de Ribadumia, GES de Sanxenxo e aos efectivos de Protección Civil do Grove. Tamén, os axentes da Garda Civil e da Policía Local foron informados do suceso.
Unha vez rescatado, o home foi evacuado en ambulancia polo persoal sanitario ata o Hospital Montecelo.  






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.