Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de abril de 2017

RETIRADA A ESTATUA DE FRAGA EN CAMBADOS














Despois de case cinco anos ocupando un lugar "privilexiado" no Parque de Torrado en Cambados a estatua de Fraga "desaparece".
Esta mañán operarios municipais e o autor da escultura trasladaron a peza ao taller do autor, Lucas Míguez.

O Concello de Cambados encargou ao artista Lucas Míguez a escultura de Manuel Fraga Iribarne en maio do 2012, que morrera a mediados de xaneiro dese ano aos 89 anos de idade. A escultura é en bronce e a tamaño natural, de corpo enteiro.
Lucas Míguez recibiu o encargo pouco despois do falecemento do político vilalbés, o desexo do concello que dirixía Luís Aragunde era que o artista representase ao Fraga que foi Cabaleiro do Albariño e Gran Mestre do Capítulo Serenísimo ata o seu falecemento.



Feijóo inaugurara a estatua a Fraga  dentro dosactos da LX Festa do Viño Albariño que contou coa presencia de numerosos cargos institucionais. Protesta simbólica de parte dos veciños incluída.

A escultura fora descuberta en presenza do actual líder do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen participou durante esa xornada na LX Festa do Viño Albariño. De feito, foi o encargado de impoñer as distincións nos actos solemnes de proclamación das damas e os cabaleiros do Capítulo Serenísimo del Albariño, exercendo como Gran Mestre en sustitución do propio Fraga.
Protesta
O acto contara coa protesta silenciosa dun grupo de veciños que, con prendas brancas e pancartas, amosaron o seu rexeitamento a esta inauguración.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.