Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2017

PROTECTORAS DE ANIMAIS DA PROVINCIA DENUNCIAN A SITUACIÓN DA CANCEIRA DA DEPUTACIÓN











Protectoras de animais da provincia de Ponteveedra denuncian que a macrocanceira da Deputación, que recolle cans de 49 concellos da provincia de Pontevedra, “resulta inviable de cara a os obxectivos de protección e benestar dos animais que alberga”

O pasado mércores día 5 de abril de 2017, un grupo de representantes de diversas protectoras da provincia de Pontevedra mantiveron un segundo encontro coas responsables de CAAN, o centro de recollida provincial da Armenteira, para mostrar o seu total rexeitamento ao modelo de xestión que desenvolve a canceira provincial e que  pretenden perpetuar.  

As protectoras Lena do Porriño, Peludos invisibles Sanxenxo, Protectora de animais de Cambados, Protectora de animais de Morrazo, Colonias Canguesas, Protectora de animais ALOIA, Asociación de Rescate Animal “Cadeliños” e Asociación  Callejeritos y Colonias Sin Hogar”alzan a voz para dar a coñecer á opinión pública o que rodea a CAAN.

CAAN é unha macrocanceira situada na Armenteira que recolle cans de 49 concellos da provincia de Pontevedra, “amoreándoos nunhas condicións inaceptables, xestionada por unha empresa que se lucra co abandono”, denuncian os animalistas, “feito este último que desincentiva a propia prevención do abandono animal”. Neste contexto, no transcurso da xuntanza os representantes das protectoras puxeron sobre a mesa unha serie propostas para mellorar a xestión da CAAN que consideran “inquebrantables”, como a esterilización de todos os individuos, a contratación nun seguro de responsabilidade civil para voluntariado, a mellora das instalacións para facer fronte ao amoreamento de animais (cada vez maior a medida que se suman municipios), ou mesmo minimizar os abandonos a través dunha valoración que garanta as adopcións responsables.

Unhas condicións esenciais para garantir os dereitos e o benestar animal ante as que o responsable da CAAN na Deputación respondeu con unha “rotunda negación”, alegando a “falta de orzamento como lo xustificación para todo, polo que concluímos que CAAN resulta inviable de cara a os obxectivos de protección e benestar dos animais que alberga”. 

A xestión destas instalacións está regulada mediante un convenio co Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente, o cal, denuncian os animalistas,  “a propia deputación incumpre en diversos puntos”. 

“Centralizar a recollida de cans abandonados nunha macrocanceira non é a solución ó terrible problema do abandono animal, e non deixa de ser un parche para que os concellos se quiten o marrón de enriba e se lles limpen as rúas de cans”, afirman desde as protectoras, que defenden que esta grave problemática hai que atacala de raíz, precisamente, “descentralizando a recollida non só apoiando o labor impecable e totalmente desinteresado das Asociacións Protectoras de Animais que xa existen en moitos concellos e que levan tantos anos deixándose a pel facendo o traballo que lle corresponde ás administración públicas, sen medios, algunhas sen recibir un só céntimo e cunhas instalacións precarias; senón lexislando, investindo en políticas de concienciación, educación, prevención do abandono mediante medidas eficaces, facendo campañas adopción, esterilización e identificación de todos os animais, e perseguindo o maltrato e abandono”. 

Desde este grupo de protectores denuncian o “carácter mercantilista e propagandístico que se fai deste servizo por parte dos actuais e anteriores partidos políticos que gobernan e gobernaron a Deputación”, e anuncian que non deixarán “a loita pola protección e benestar dos animais” e que emprenderán novas protestas e accións contra o Anteproxecto de Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia que pretende aprobar o actual goberno autonómico.

Info: http://sondolouro.com









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.