Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2017

OS ENCOROS GALICIA-COSTA ESTÁN AO 88%











Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 76,21% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 88,02%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 75,02%. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 24 de abril, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 525,99 Hm3, dos 690,15 (volume total).
Todos os embalses de abastecemento presentan unha porcentaxe de ocupación por enriba do 90%, agás o de Cecebre, ao 78,35%, Caldas de Reis, ao 64,52% e de Vilagarcía, ao 66,56%. O encoro de Beche é o que presenta a maior porcentaxe de ocupación, un 99,87%.
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Vilasenín é o único que está ao 100% da súa ocupación. Na táboa, sinálanse os datos do estado actual dos encoros de abastecemento (azul) e de uso hidroeléctrico (verde).
Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 16 puntos por debaixo, xa que o 24 de abril de 2016 estaban ao 92,70%, fronte ao 76,21% actual.
Na páxina web de Augas de Galicia poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.
Dende Augas de Galicia faise un chamamento a manter a moderación do consumo de auga e o uso responsable deste recurso, dada que a Oficina Técnica da Seca recomenda manter a situación de prealerta por seca, debido ao caudal que presentan os ríos da bacía Galicia-Costa.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.