Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2017

ACTIVIDADE SMARTPEME: LINKEDIN, A TÚA REDE DE NETWORKING












Mañán martes 25/04/2017 entre as 19:00h e as 21:00h e organizado polo Punto SmartPeme Cambados  terá lugar unha nova actividade SmartPeme
    

"Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.


Índice de contidos
•  Introdución a LinkedIn
•  Como funciona LinkedIn
•  Optimización de perfil
•  Xeración de rede de contactos
•  Creación de páxina de empresas
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.