Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2017

A DEPUTACIÓN ENTREGA DOUS CAMIÓNS AOS PARQUES DE BOMBEIROS DE RIBADUMIA E VILAGARCÍA














O deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, acompañado do alcalde de Ribadumia, David Castro, e de membros do goberno local, fixo entrega esta mañá de dous novos camións para a extinción de lume destinados aos parques de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa do Consorcio Provincial contra incendios e salvamento. Estes novos vehículos, aos que a institución provincial destinou 567.974 €, contan coas máis modernas tecnoloxías en materia de seguridade, rescate e salvamento, "co obxectivo de impulsar a prestación dun servizo máis rápido e en mellores condicións para garantir a seguranza da cidadanía".
Os parques de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa do Consorcio Provincial contra incendios e salvamento incorporan dende hoxe dous camións Scania de 370 CV de potencia cuxo carrozado fíxose especificamente na empresa galega Incipresa SAU, de Mos.  Tanto o novo vehículo de Ribadumia como o de Vilagarcía están especialmente deseñados para os servizos de emerxencia, cunha configuración óptima para a loita contra o lume xa que, entre outras cuestións, contan cun carrozado que permite unha capacidade útil de 3.000 litros de auga e 200 litros de espumóxenos. Tamén teñen unha bomba hidráulica con capacidade de traballo de ata 400 litros por minuto e 40 bares de presión para a intervención en incendios.
O deputado provincial, Santos Héctor Rodríguez, asegurou que os dous novos camións se tratan de vehículos que permiten transportar tamén o material necesario para as intervencións de rescate e salvamento, con espazos dentro da cabina máis habitables e seguros para que as persoas do consorcio conten con mellores condicións para desenvolver o seu traballo. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.