Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2017

ESTE XOVES CINEMA DE MULLER NA XUVENTUDE













Este xoves, 9 de marzo ás 18:00h no Auditorio da Xuventude proxéctase a película “Visións”, dentro do ciclo Cinema e Muller que organiza a Deputación de Pontevedra.

Visións é unha obra colaborativa feita por mulleres, un filme íntimo e poliédrico onde cinema e arte se funden ofrecendo dez olladas poéticas e xenuinas.
Participaron no proxecto Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata-Girau, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla.
As creadoras recibiron a proposta de dirixir unha peza nun prazo de dous meses. Tras reunirse, coñecer os seus respectivos traballos, intercambiar ideas e compartir, grazas á inmediatez das redes sociais, o seu proceso creativo, sacaron á luz unha "película de curtametraxes" tecida coa inevitable influencia de todas elas. Ademais de directoras fixeron de cámaras e de montadoras. É precisamente a súa capacidade para realizaren unha película de principio a fin, coas súas propias mans e cun axustado orzamento, un dos aspectos que define o cinema que practican.
A entrada é libre ata completar aforo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.