Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2017

PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO DE CAMBADOS 2017








Xa temos a programación do Entroido 2017 en Cambados, que se desenvolverá entre o 24 de febreiro e o 5 de marzo, así como as bases para presentarse aos diversos concursos.



VENRES 24 A TUA CARA SÓAME 
22.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas A túa cara sóame, Espectáculo musical imitando o programa “Tu cara me suena” onde teremos actuacións e concertos en directo. Anímase a toda a xente a que veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais. 
* En caso de choiva trasladarase á Discoteca Zao.

SÁBADO 25 
A partir das 17.00 h. No Parque de Torrado animación infantil e inchables da man de Animar-T. 
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

DOMINGO 26 DESFILE DE CARROZAS 
16.00 h. Na Escalinata de San Tomé recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile. 17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da mú- sica da Charanga Os Jaláticos e o Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coru- ña – Paseo da Calzada – Praza do Concello. O desfile será retransmitido polos “Sete Magníficos máis 1” (os humoristas Pedro Brandariz e Fran Rei da TVG) que estarán acompañados polo DJ Studio 21. 

18.30 h. Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. 
 * En caso de choiva o desfile farase o martes 28 ou como data final o sábado 4 de marzo

LUNS 27 BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS 
17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Nueva Era e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, e grupo de 150€. Este ano, con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, haberá un premio especial ao mellor disfrace relacionado coa cultura do viño de 100€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais de Cambados. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. 

 17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 50€. 


MARTES 28  GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS 
17.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra dos establecementos comerciais de Cambados ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€. Este ano, con motivo do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, haberá un premio especial ao mellor disfrace relacionado coa cultura do viño de 100€. 
18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas de 100€, 200€ e 300€ respectivamente. Para o resto de participantes non premiados: haberá unha gratificación de 100 €. 
 * En caso de choiva os concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.


MÉRCORES 1  ENTERRO DA SARDIÑA 
18:00 h. Na Praza do Concello, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”. 
19:00 h. Tras a papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano guiará a Papisa Isabel Risco cos cánticos sacros de Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados a acompañar este sepelio que terá lugar na praia de San Tomé... para queimar a Donald Trampulleiro, que virá nada menos que no seu Hair Force One! 

3-4-5 DE MARZO VENRES, SÁBADO E DOMINGO DE PIÑATA 
Do venres ao Domingo de Piñata, segundas xornadas dos “Petiscos de Entroido” en colaboración con hostaleiros e restauradores adheridos a Zona Centro. Cada un dos participantes elaborará un petisco cos produtos típicos destas datas. Máis info na web www.cambadoszonacentro.com




BASES





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.