Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2017

MEDIO RURAL NON CONCRETA OS SEUS PLANS CON CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A Consellería amosou a súa disposición a estudar posibles vías de cooperación con este Concello, no marco da promoción xeral do viño galego que xa vén realizando a Xunta, en relación coa declaración de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.



Representantes do Concello de Cambados foron recibidos esta mañá pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, co fin de analizar posibles vías de colaboración relacionadas coa elección desta localidade pontevedresa como Cidade Europea do Viño 2017. Diante da ausencia da alcaldesa, que desculpou a súa asistencia por motivos persoais, a titular de Medio Rural atendeu ao concelleiro de Enoturismo, J. Ramón Abal e un técnico municipais, que trasladaron a súa petición de cooperación, por parte da Xunta, en relación co programa de actos previstos con motivo desta designación.
A conselleira amosou a súa disposición a estudar esas posibles vías de colaboración solicitadas polo Concello, no marco da promoción do viño galego en xeral e das diferentes denominacións de orixe que xa vén realizando a Xunta. Así, lembrou que a Consellería está a difundir e poñer en valor os viños galegos en diferentes feiras e certames, así como a través das catas de Galicia e outros eventos sectoriais.
A Consellería apoiou desde o primeiro momento a candidatura de Cambados, que foi elixida Cidade Europea do Viño 2017 en novembro pasado en Portugal. Así, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez enviou no seu día unha carta de apoio a esta iniciativa como destino turístico vinculado á viticultura e foi dos primeiros en felicitar a Cambados por ter acadado esta distinción.

En resumidas contas, moito bla bla bla e pouca cooperación





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.