A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2kOSeJd) o contrato de servizo para a realización de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario (salmón e lamprea) e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural das catro provincias galegas, por un importe de 315.226 euros.
As actuacións consistirán na mostraxe cuantitativa ou semicuantitativa de tramos fluviais seleccionados, contabilizando, medindo e anotando os caracteres merísticos ou doutra índole de cada exemplar capturado nas diferentes pasadas ou ocasións de mostraxe conforme aos obxectivos marcados en cada caso. Así, mediranse as características do hábitat dos tramos de mostraxe e anotaranse as dimensións de referencia dos devanditos tramos e consignaranse os distintos parámetros de mostraxe.
O ámbito de estudo engloba os tramos fluviais agrupados por lotes:
- Mostraxe específico de larvas de lamprea: tramos con presenza da especie nos ríos Eo, Masma e Ouro (provincia de Lugo), Mera, Mandeo, Anllóns e Sar (provincia de A Coruña) e Ulla, Umia, Lérez e mais Baixo Miño (provincia de Pontevedra), incluíndo os afluentes de ser o caso.
- Mostraxe específico de pintos de salmón en Lugo e Coruña: tramos accesibles con presenza da especie nos ríos Eo, Masma, Ouro e Landro (provincia de Lugo); Sor, Mera, Xubia, Mandeo e Anllóns (provincia de A Coruña), incluíndo os tramos accesibles dos afluentes destes cursos, de ser o caso, en ambas provincias.

O obxectivo fundamental dos traballos é a mostraxe intensiva das poboacións piscícolas nos tramos seleccionados e a obtención de datos tales que permitan abordar unha caracterización completa do seu estado poboacional e, en particular, a estimación de características biométricas, densidades e biomasas por clase de idade de cada unha das especies presentes nos tramos en cuestión.
Os traballos levaranse a cabo durante os meses de xullo, agosto e setembro, nos que as condicións de traballo son óptimas como consecuencia dos baixos caudais e de que só a partir desta época pode realizarse a prospección das cohortes (conxunto de peixes dun mesmo grupo de idade) do ano con certa garantía. Excepcionalmente poderán prolongarse ata outubro, sempre que haxa escaseza de choivas e as augas mantéñanse baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.