Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2017

NOVOS CURSOS DE PREVENCIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS DE CAMBADOS











O Concellaría de Servizos Sociais, informa dunha nova actividade iniciada durante o presente curso escolar 2016-17 e dirixida ao profesorado e alumnado (nenos/as de 10 -11 anos) de 5º curso de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Cambados: I edición dos  Obradoiros "TBO e non che creo” (intervención socio educativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol e elaboración dun cómic sobre os mitos do alcohol).
Esta actividade está organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogo-dependencias (Equipo de Prevención)  durante a próxima semana (13-17 de febreiro de 2017).


A duración dos obradoiros é de 1 h. 40 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións).

Segundo a última Enquisa sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (Estudes 2014-15), do Ministerio de Sanidade, case o 80% (78,9%)  dos mozos/as españois entre 14-18 anos probaron o alcohol algunha vez na súa vida, prevalencia que é do 57,4% aos 14 anos. A idade media de inicio no consumo é de 13,8 anos e o  consumo semanal comeza por termino medio aos 15 anos.
Como datos inquietantes sinalar que a primeira borracheira sitúase aos 14,8 anos e 1 de cada 3 mozos/as ten un consumo de alto risco (consumo en atracón ou "binge drinking" : 5 ou máis vasos, cañas ou copas de alcohol en un intervalo de tempo de 2 horas aproximadamente) nos últimos 30 días.
O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigosidade máis baixa (só un 47% pensa que tomar 5 ou 6 copas un fin de semana supón un risco). Dende idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo.
A través de esta actividade queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol.
Incidindo no importante papel da familia na prevención do uso do alcohol nos menores, hoxe día 10 de febreiro de 2017, levarase a cabo unha charla dirixida aos pais/nais da ANPA do Colexio "Salesianos - A Mercé", ás 19:30h.
INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA OBRADOIROS “E TI QUE OPINAS”
Durante os días 20-23, 27 de marzo está programada a realización dos Obradoiros "E ti que opinas?", dirixidos ao  alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria. Durante os días 4, 20 e 21 de abril están programadas actividades dirixidas a diferentes cursos de 3º-6º de Ed. Primaria.
Nestes obradoiros abordaranse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco) , presión de grupo, adicción as novas tecnoloxías e resolución de conflitos/respecto.

Os obradoiros son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogo-dependencias)








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.