Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2017

O CAMBADÉS BENITO CORES RECOLLE O PREMIO MESTRE MATEO OUTORGADO A "EN XOGO" DA TVG












O programa deportivo da Televisión de Galicia “En Xogo” recibiu este venres o premio honorífico José Sellier, que outorga a Academia Galega do Audiovisual (AGA), nun acto celebrado na Domus da Coruña. Os presentadores Ovidio González, primeiro que tivo o espazo cando arrancara hai xa tres décadas, Alfonso Hermida e Óscar Benito, rostro actual do programa, foron os encargados de recoller o galardón, xunto co coordinador de Deportes da TVG, o cambadés Benito Cores
A AGA concedeu este ano o galardón ao programa deportivo da canle pública polo seu destacado labor “a prol da normalización da lingua e de apoio ao deporte, non só aos maioritarios, senón principalmente ao deporte de base, aos femininos e a aqueles que adoitan ter escasa repercusión nos medios”, segundo destacou nun comunicado no que anunciou no só este galardón, senón tamén os candidatos aos Mestre Mateo, que se entregarán o vindeiro 4 de marzo.

Os representantes do amplo equipo de “En Xogo”, que ofrece en directo máis de seis horas de deporte as fins de semana, agradeceron o premio é destacaron a súa importancia xunto co recoñecemento do público, que se mantén fiel a este lonxevo formato, que non deixou de renovarse desde que comezar a emitirse na TVG.
A Academia valorou á hora de conceder o premio o feito de que, desde hai tres décadas, o espazo deportivo sexa “unha grande escola de profesionais” para o audiovisual galego e un programa de servizo público de referencia, “capaz de adaptarse aos tempos e ofrecer hoxe en día a actualidade deportiva coa última tecnoloxía e múltiples emisións e conexións en directo”. Todo isto, facendo partícipe o público a través de formatos coma as redes sociais e emitindo entre cinco e seis horas de produción propia con “contidos altamente enfocados cara a Galicia”.
O programa “En Xogo” foi ata a data plataforma de lanzamento de outros rostros coñecidos da Televisión de Galicia, coma os xornalistas Manuel PampínJorge MariñasSergio DelpontTerio Carrera ou Gustavo Varela. Tamén deu visibilidade aos rostros femininos da retransmisión deportiva, dando acollida a algunhas das pioneiras na narración de partidos de fútbol e outros deportes, a nivel estatal e mesmo internacional. Pasaron polo programa Ana CarragalAraceli GondaCarme OteroLeticia PiñeiroLoreto CostaIrene LouridoBibiana Cabo ou Patricia Rodríguez Yuste.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.