Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de enero de 2019

¿PRAZA DE FEFIÑANS PECHADA OU PRAZA DE FEFIÑANS PROSTITUIDA?


Quería comezar este relato cunha anécdota que me contou no seu dia un bo amigo que,  por desgraza, xa non está entre nos: o sempre recordado Luís Rei e que ven á perfección  para ilustrar o asunto do que quería falar hoxe.
Resulta que o grovense recibiu un dia a visita duns amigos italianos, mais concretamente, da cidade de Roma; os seus amigos, que estaban de vacacións na nosa comarca, querían coñecer un pouco a  cultura e arquitectura do lugar e preguntáronlle, ao entonces encargado da Casa da Cultura cambadesa, lugares que podían visitar, Luís Rei pensou ao onde carallo podería mandar aos habitantes dunha das cidades, probablemente, mais ricas en arquitectura e urbanismo do mundo e dándolle voltas ocorréuselle a Praza de Fefiñáns, así que doulle as indicacións precisas e para ala foron os veciños da Cidade Eterna; como me contaba o propio Luís, cando regresaron  preguntoulles a súa impresión e confesoume que non puido sentir mais vergoña allea: os seus amigos dixéronlle que si ben a praza non estaba mal, non puideron contemplala tanto como quixeran porque estaban mais pendentes de que non lles atropelara ningún coche e preguntábanlle ao grovense como era posible que un conxunto arquitectónico como aquel estivera aberto ao tráfico rodado.
Cando, periódicamente, salta en Cambados a polémica, alentada polos medios rancios,  de que a Praza de Fefiñáns debería estar aberta aos automóbiles non puido evitar lembrarme desta anécdota e pensar no grado de ignorancia ou manipulación no que caen algúns que seguen a defender esa idea tan desacertada.
Sexamos realistas e preguntémonos ¿alguén pode realmente  imaxinarse a Praza do Obradoiro en Compostela, a Praza de María Pita en  A Coruña ou a Praza Maior de Madrid, por poñer soamente tres casos, abertas ao tráfico?.
 Ocórrenseme moitos motivos i exemplos para defender que non se abra a Praza de Fefiñáns pero, soamente,  vou a expoñer dous casos moi clarificadores e levados a cabo, moi preto de Cambados, concretamente, en Pontevedra i en  Vilagarcía de Arousa.
No caso da capital da provincia xa fai tempo que apostaron por un modelo de cidade que,  a vista dos resultados, confirman que non puideron estar mais acertados; Pontevedra nestes últimos anos leva recibindo premios i eloxios pola  súa decidida aposta por facer unha cidade pensada sobre todo para as persoas e non para os coches; sen ir mais lonxe, fai pouco mais de dous meses,  en Barcelona, tivo lugar unha serie de charlas, nas que estiveron presentes unha nutrida representación da nosa comarca (incluída a alcaldesa de Cambados) e onde se puxo como exemplo a seguir  á cidade do Lerez.
No caso de Vilagarcía, aínda que mais recentemente, tamén veñen apostando, quizais, vistos os resultados de Pontevedra, por humanizar as súas rúas; eu vou a pararme nun lugar en concreto que coñezo moi ben porque vivín case catro anos alí: a rúa Alcalde Rei Daviña.
Para o que non se sitúe, a rúa Alcalde Rei Daviña de Vilagarcía é a que vai paralela, polo interior, a avenida da Mariña e onde se atopa, entre outras, a Casa da Cultura e a oficina de  correos; pois ben, como contaba, eu vivín nesa rúa, fai uns vinte anos, a finais dos noventa, cando xa se barallaba a posibilidade de peatonalizala e lembro que moitos comerciantes, por entonces,  daban as mesmas escusas que están dar agora os comerciantes de Cambados que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga a ser peatonal: que si pechaban a rúa ao tráfico seria a súa ruína, que baixarían as ventas etc…. Pois ben,  todos coñecedes a historia: O concello de Vilagarcía acabou pechando a rúa Alcalde Rei Daviña totalmente i eses malos augurios dos que falaban, entonces, os comerciantes non soamente non se cumpriron senón que, hoxe en dia, a rúa  Alcalde Rei Daviña é unha das rúas con mais actividade comercial da vila, chea de comercios e lugares de restauración.
Persoalmente penso que os comerciantes da rúa Real que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga pechada equivócanse e dígollo con todo o cariño; ademais si o seu razoamento fora certo, xente como Yayo Daporta xa se tería plantado lume fronte ao concello reclamando o mesmo, pois,  o recoñecido cociñeiro cambades, ten probablemente, o seu negocio no peor sitio do pobo: nunha rúa peatonal, con problemas para aparcar e sen ningún tipo de indicacións, seguro que se cambiaba gustosamente por mais de algún dos negocios que tanto se queixan.
Precisamente entre eses negocios hai un no que quería determe especialmente por que  o seu encargado é un dos que mais se está manifestando para pedir que se reabra a praza; pois ben fai uns días un amigo meu, que leva feito campaña publicamente   a favor de que a Praza de Fefiñáns permaneza pechada comentábame que, este individuo, sabedor de elo, cada vez que o atopa pola rúa bótalle unha mirada de “chulo de putas” como si o meu amigo non estivera no seu lexítimo dereito a expresar a súa opinión que para iso estamos en democracia; deste encargado non me resisto a contar una anécdota real como a vida mesma e que exemplifica  a súa catadura moral; resulta que fai un tempo este suxeito presentouse nunha depuradora para coller marisco para o seu negocio e un dos traballadores de alí, preguntoulle se non iria a manifestación que, por entonces, tería lugar en Compostela por parte dos mariñeiros do cerco para protestar polos acordos desastrosos acadados por parte da Xunta para os mariñeiros desta arte de pesca, a súa resposta xa o retrataba a perfección porque o que lle contestou textualmente foi: “bueno carallo, que vaian a tomar polo cú, por min como se afunden todos os barcos do cerco”; cando escoitas isto e, despois ves  a dito fulano falar, buscando o apoio para súa causa ¿Qué queres que vos diga? A este “tipiño” mellor iríalle en preocuparse polo seu negocio para non ter outra inspección de Sanidade como a que tivo e que, grazas as súas amizades con certos políticos locais, sacáronlle as castañas do lume e tal denuncia non chegou a mais.
Por certo outro dato interesante: neste local era onde o entonces  encargado de certa institución de Cambados, que a min, particularmente, dáme serta pena,  se presentaba, cando necesitaba xustificar facturas para cobrar as dietas que se metía no peto, quizais, por iso dito ex encargado ten alí unha parada obrigada  para tomar os viños (descoñezo se tamén segue tendo debilidade polos gin tonics).
Veremos como acaba a cousa pero, dende aquí, eu quero animar ao goberno do Concello de Cambados para que manteña a Praza de Fefiñáns pechada para disfrute de tódolos cambadeses e de tódolos foráneos que se decidan achegarse ao mellor pobo do mundo.
   
UN SAUDO A TODOS

RICARDO DOMINGUEZ REY
   Imaxes da Plaza:  Peonalización da Praza de Fefiñáns
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.