Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2017

TRES FERIDOS NOUTROS TANTOS ACCIDENTES HOXE EN CAMBADOS











Tarde de traballo para os servizos de Emerxencias de Cambados que asistiron a tres accidentes de tráfico co resultado de tres feridos leves.

O primeiro dos accidentes prodúxose as 13:30 horas na zona da Parcelaria de Oubiña, un dos conductores involucrados, de Cambados, resultou con golpes nas cervicais e na zona lumbar.

Dez minutos despois e non moi lonxe de alí producíase o segundo dos sinistros. Na estrada PO-300 pouco despois do cruce do Polígono de 7 Pías dous coches colidiron resultando ambos conductores de A Illa e O Grove, feridos. O primeiro de 28 anos resultou  concontusións nas zonas cervical e lumbar. O conductor de O Grove resultou ferido na cabeza e con fortes dores nas cervicáis.

O terceiro dos accidentes prodúxose no Porto de Tragove e non houbo que lamentar danos personais.


Os sucesos mobilizaron a Protección Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico e ambulancias do 061.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.