Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de enero de 2017

APARECE O CORPO DO MARISCADOR DESAPARECIDO ONTE EN VILAGARCÍA











O corpo dun home duns 53 anos que levaba desaparecido dende onte, cando se desprazou a Vilagarcía de Arousa para mariscar, apareceu esta mañánciña preto  da costa.


O home, veciño de Vilanova de Arousa, foi en bicicleta ata unha zona marisqueira de Cavaledo. Segundo indicaron os seus familiares ao 112, o home adoitaba mariscar en seco, sen a axuda de ningún tipo de embarcación.
A súa bicicleta foi localizada xa nas inmediacións do porto de Vilagarcía. Tamén foi atopada a súa roupa, nunha lancha que estaba varada no peirao.
Un familiar do desaparecido púxose en contacto co 112 Galicia ás 23:20 horas de onte. Segundo indicou, o home saíu da casa ás 8:00 horas da mañá e agardábase que volvera contra as 15:00 horas. Ademais, engadiu que varios familiares seus xa foran buscalo durante a tarde, sen ningún tipo de resultado.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias puxo en marcha un operativo para localizar o varón. Informouse a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. Ata a zona mobilizáronse varias dotacións, entre elas, unha embarcación de Salvamento Marítimo e outra da Policía Nacional.
As tarefas de busca, coordinadas pola Garda Civil, retomáronse está mañán e finalmente foi localizado o corpo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.