O ciclo de teatro infantil do Concello de Cambados empeza este domingo29. A primeira das 4 pezas teatrais que pasarán pola Xuventude é "Danza dá choiva", unha peza composta pola compañía Elefante Elegante.
Que aconteceria se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal esparcidos polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e semean cereais.
Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove...
O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto.
Bailan unha “Danza da choiva” coa esperanza de facer chover.
Choverá?
As catro funciones deste ciclo serán no auditorio da Xuventude, ás 18 horas. A entrada custa 3,5 euros, aínda que hai unha reducida de 2,5 para maiores de 65 anos, menores de 18, pensionistas, desempregados e estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.